Década de 1390
Segundo milenio | |||||
Século XIV | |||||
| |||||
|
1390
- Artigo principal: 1390.
1391
- Artigo principal: 1391.
- 1 de agosto: Os "calls" ou guetos xudeus das cidades de Palma e Inca, en Mallorca, son asaltados por multitudes cristiás.
- Yusuf II sucede a Mohammed V como Sultán nazarí de Granada.
- Fundación da Universidade de Ferrara
1392
- Artigo principal: 1392.
Asia
- Go-Komatsu tórnase o 100º emperador do Xapón (até 1412).
- Tamerlán toma a cidade persa de Tabriz.
Europa
- Asedio turco a Bizancio, as tropas venecianas acoden en auxilio, mais en pago apodéranse de Durrës en Albania.
- No Sur de Rusia, Tamerlán ataca o territorio da Horda de Ouro.
- Mohamed VII ascende ao trono nazarí do Reino de Granada (até 1408).
- Vidautas o Grande convértese en Gran Duque de Lituania
1393
- Artigo principal: 1393.
Arte e cultura
- Galicia - Fernán Pérez de Andrade, O Boo funda o mosteiro de Santa Catarina de Montefaro, na parroquia de Cervás (Ares).
1394
- Artigo principal: 1394.
- 17 de setembro, o rei Carlos VI de Francia determinou a expulsión dos xudeus de Francia.
1395
- Artigo principal: 1395.
- 14 de abril - Batalla do río Terek - Tamerlán vence no Cáucaso setentrional a Tokhtamysh, soberano da Horda de Ouro. O combate coñécese tamén como batalla do río Kur.
1396
- Artigo principal: 1396.
América
- Huitzilihuitl convértese no 2º soberano azteca (até 1417), tras a morte de Acamapichtli.
Europa
- Gian Galeazzo Visconti funda a abadía de Pavia, Italia.
1397
- Artigo principal: 1397.
- Unión de Kalmar: fusión dos tres estados nórdicos (Dinamarca, Noruega e Suecia) nunha soa monarquía.
- Anexión de Sicilia por Martiño I de Aragón.
1398
- Artigo principal: 1398.
- O rei Henrique III de Castela concede a Lope Fernández Pacheco os lugares de Puñonrostro, Robledillo e Descargamaría en Extremadura (29 de marzo). Desde Tordesillas cede así mesmo o señorío de Belmonte ao irmán deste, Juan Fernández Pacheco, xunto coas aldeas de Osa, Monreal e Hinojos (16 de maio). Tamén concede o Condado de Benavente a Juan Alonso Pimentel mediante un albará datado o 17 de maio.
- Pedro López de Ayala, é nomeado chanceler real de Castela (1398-1407).
- Tamerlán conquista o Sultanato de Delhi, que quedara debilitado tras de catro anos de guerra civil. As tropas islámicas de Tamerlán saquean a cidade de Delhi en decembro e masacran a centos de miles de habitantes hindús do estado.
- Henrique de Láncaster tivo que marchar ao desterro en 1398 por unha orde arbitraria e intransixente de Ricardo II de Inglaterra.
1399
- Artigo principal: 1399.
- 13 de outubro - Coroación de Henrique IV de Inglaterra.
- Batalla do Worskla - Os tártaros derrotan os polacos.
Arte e cultura
- Pozo de Moisés, obra escultórica de Claus Sluter para a abadía de Champmol, Borgoña (hoxe no Museo de Dijon).