Circuíto Ricardo Tormo

circuíto de carreiras de España
Circuíto da Comunidade Valenciana Ricardo Tormo
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras Fórmula 1; MotoGP; GP2 Series; Superbikes;
Localización España Cheste, Comunidade Valenciana
Lonxitude 4,051 km.
Curvas 14
Volta rápida (2001) 1:30.936
Piloto récord España Daniel Martín
Escudería récord F3000
Coordenadas

O Circuito Ricardo Tormo, oficialmente Circuito da Comunidade Valenciana Ricardo Tormo, é un circuíto de carreiras localizado en Cheste na provincia de Valencia na Comunidade Valenciana, España. Construíuse no ano 1999 e espérase que, polo menos, siga acollendo o Gran Premio da Comunidade Valenciana, un evento puntuable para o Campionato do Mundo de Motos, ata 2021.[1] Ten unha capacidade para 165.000 espectadores, con 125.000 asentos e leva o nome do campión valenciano de motociclismo Ricardo Tormo, dobre campión do mundo de 50cc.

Cheste acolle desde o 1999 o Gran Premio da Comunidade Valenciana do Campionato do Mundo de Motociclismo, así como as datas para o Campionato do mundo de Superbikes, as GP2 Series, as European Le Mans Series, o Campionato FIA GT, o International GT Open, o Campionato Europeo de Turismos, o Campionato Mundial de Turismos e o Deutsche Tourenwagen Masters. O circuíto da Comunidade Valenciana Ricardo Tormo organizou unha rolda da GP3 Series en 2013.

 
Jorge Lorenzo no Gran Premio da Comunidade Valenciana de 2012.

No seu deseño, seguiuse o canon do circuíto Americano, os coñecidos óvalos, a diferenza do circuíto tradicional europeo coas súas molestias causadas polas solucións arquitectónicas que impiden a visibilidade completa do trazado. Atópase nunha parcela dun millón e medio de metros cadrados situada na zona chamada Cambrillas, dentro do concello de Cheste. A só vinte quilómetros da cidade de Valencia e a escasos quince do aeroporto de Manises. Ademais, dado o seu clima temperado durante o inverno europeo, moitos equipos europeos de automobilismo e motociclismo usan o circuíto durante a pretemporada para probar. Tamén realiza probas de dúatlon e ciclismo.[2]

O circuíto de Cheste (como se coñece popularmente) consta de catro pistas diferentes, a máis usada é a pista GP, que está clasificada como categoría 2 pola FIA, o que significa que pode albergar todo tipo de eventos automobilísticos e de motor, a excepción do Gran Premio puntuable para o Campionato Mundial de Fórmula 1. Ao principio 2006 anunciouse que se realizarían reformas no circuíto para albergar grandes premios da Fórmula 1. [3] En abril, Bernie Ecclestone puxo a proba as capacidades da pista realizando unha rolda da GP2 Series . Poucos meses despois anunciouse que os grandes premios terían lugar finalmente nun trazado urbano, o Circuíto urbano de Valencia.

Eventos máis importantes

editar

Outros eventos

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar