Cemiterio de Montmartre
O cemiterio de Montmartre (en francés: Cimetière de Montmartre) é un cemiterio que se atopa no número 20 de Avenue Rachel, no 18ème arrondissement de París, Francia.
Historia
editarOs cemiterios foran prohibidos en París dende a clausura do Cimetière des Innocents ('Cemiterio dos Inocentes') en 1786, pois presentaban perigos sanitarios. Varios cemiterios novos substituíron a todos os parisienses, fóra dos recintos da capital, a comezos do século XIX: Montmartre no norte, o Cimetière du Père Lachaise no leste, Cimetière de Passy no oeste e o Cimetière du Montparnasse no sur.
Abriu o 1 de xaneiro de 1825. Foi orixinalmente coñecido como "Cimetière des Grandes Carrières".[1] Localizado ó oeste do Butte, preto do principio da Rue Caulaincourt na praza Clichy, o cemiterio no barrio de Montmartre de París construíuse debaixo do nivel das rúas no buraco dunha vella mina coa súa entrada pola avenida Rachel debaixo da Rue Caulaincourt. O cemiterio personifica o París artístico.
Notas
editar- ↑ Waldman, Benjamin. "The Treasures of the Montmartre Cemetery". untapped cities. Consultado o 10 de xullo de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cemiterio de Montmartre |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en francés)