Carl Ludwig Willdenow

botánico alemán

Carl Ludwig Willdenow, nado en Berlín o 22 de agosto de 1765 e finado na mesma cidade o 10 de xullo de 1812, foi un botánico, pteridólogo, micólogo e farmacéutico alemán. É considerado un dos fundadores da Fitoxeografía, o estudo da distribución xeográfica das plantas. Tamén foi mentor de Alexander von Humboldt un dos máis coñecidos e precoces fitoxeográfos.

Modelo:BiografíaCarl Ludwig Willdenow

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Carl (Karl) Ludwig von bear Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1765 Editar o valor en Wikidata
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xullo de 1812 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaReino de Prusia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Halle-Wittenberg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Berlín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfarmacéutico, profesor universitario, micólogo, médico, pteridólogo, taxonomista, botánico, naturalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Humboldt de Berlín
Collegium Medicum (en) Traducir
Jardim Botânico de Berlim (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosAlexander von Humboldt Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoKarl Sigismund Kunth (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaWilld. Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Tras estudar Farmacia proseguiu os seus estudos en Medicina e Botánica na Universidade de Halle obtendo o título de Doutor en Medicina en 1789. Traballou como farmacéutico en Berlín. En 1789 traballa como profesor de "Historia Natural" no Collegium medico-chirurgicum. En 1801 é profesor de botánica na nova Universidade de Berlín. En 1810 é nomeado director do Xardín Botánico de Berlín, cargo que mantivo até a súa morte.

En 1811 traballou en París analizando as plantas traídas por Alexander von Humboldt da súa viaxe por Suramérica. Interesouse na adaptación das plantas ao clima, demostrando que nun mesmo clima presentábanse plantas con características comúns. O seu herbario, que contiña máis de 20.000 espécimes, aínda se conserva en Berlín.

Debido a unha enfermidade volveu a Berlín onde morreu.

Willdenow foi un dos máis famosos biólogos sistemáticos debido sobre todo á fundación da dendroloxía.

A abreviatura «Willd.» emprégase para indicar a Carl Ludwig Willdenow como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.[1]

Recoñecementos

editar
Xéneros
Especies
  1. Tódolos xéneros e especies descritas por este autor en IPNI.
  2. 2,0 2,1 Nomencl. Bot. [Steudel] 892. 1821 (IK)
  3. Kongl. Vetensk. Acad. Nya Handl. xi. (1790) 26. t. 2 (Wildenowia); Willd. Sp. Pl.iv. 717 1805 (IK)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Meyers Konversationslexikon 1888-1889
  • Jahn: Geschichte der Biologie. Spektrum 2000
  • Mägdefrau: Geschichte der Botanik. Fischer 1992