O bilingüismo é a capacidade dun individuo ou dunha sociedade para desenvolverse en dúas linguas.

Placa en croata e italiano nun edificio público en Pula/Pola (Istria).

Definición

editar

Se partimos da definición de competencia de Noam Chomsky, teremos problemas para determinar ata que punto ten que o falante ser competente nunha lingua B para ser considerado bilingüe. Bloomfield definía o bilingüismo como "un dominio de dúas linguas igual ca un nativo, mentres que para Macnamara (1969) "unha persoa pode ser cualificada de bilingüe se ademais das habilidades na súa primeira lingua, ten habilidades nunha das catro competencias da segunda lingua" (ler, falar, escribir e entender).

Para Suzanne Romaine (1989) un dos problemas no estudo do bilingüismo é que sempre se partiu dunha concepción monolingüe para abordar o estudo das linguas. Por exemplo, Chomsky definía o ámbito de referencia da lingüística como unha teoría que se ocupa "dun falante ou oínte ideal, nunha comunidade lingüística homoxénea, que coñece a súa lingua á perfección".

Unha solución intermedia podémola atopar na alternancia lingüística. Os falantes bilingües alternan habitualmente entre dúas linguas, mentres que os monolingües con algunha competencia na segunda lingua non alternan. A alternancia entre dúas linguas, para Romaine, é parte do proceso de adquisición de competencia en máis dunha lingua. Para Weinreich (1953): "A práctica de utilizar dúas linguas de forma alternativa denominarase bilingüismo e as persoas implicadas bilingües".

No estudo do bilingüismo, preséntanse catro cuestións fundamentais:

  1. Grao: o nivel de competencia bilingüe.
  2. Función: os usos que lles dá o bilingüe aos idiomas implicados.
  3. Alternancia: ata que punto o bilingüe alterna entre idiomas.
  4. Interferencia: ata que punto o bilingüe consegue separar eses idiomas.

Etimoloxía

editar

Bilingüismo é un termo de orixe latino formado co número multiplicativo bis: dous e o sufixo culto de só cinco adxectivos (bilinguis, trilinguis, quinquelinguis, plurilinguis e monolinguis) -linguis: relativo á lingua, á linguaxe, de lingu-a,-ae "lingua". É dicir, que ten dúas linguas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.