Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde decembro de 2016) |
Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela é un sistema formado por 18 bibliotecas dos campus de Santiago e de Lugo. Prové de recursos para o aprendizaxe, a docencia e a investigación ao estudantado e profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, amais de todas as persoas que o precisar.
Ten a súa orixe na fundación da Universidade a mediados do século XVI, e está situada no Colexio fundado polo Arcebispo de Santiago Alonso III de Fonseca.
Dentro da biblioteca atopamos unha serie de sub-bibliotecas que se clasifican segundo os distintos centros existentes na universidade e dependendo do campus no que nos atopemos:
No campus de Santiago:
- Biblioteca Concepción Arenal
- Biblioteca Xeral
- Bioloxía
- Ciencias da Comunicación
- Ciencias da Educación (Campus Norte)
- Ciencias Económicas e Empresariais
- Enfermería
- Escola Técnica Superior de Enxeñería
- Física e Óptica
- Farmacia
- Filoloxía
- Filosofía
- Matemáticas
- Medicamento e Odontoloxía
- Psicoloxía e Ciencias da Educación
- Química
- Xeografía e Historia
No campus de Lugo:
- Biblioteca Intercentros
- Formación do Profesorado
Coleccións
editarHai un total de 1.154.701 contribucións na biblioteca, repartidas entre as distintas bibliotecas que a conforman. Esta colección está formada por unha colección de libros, revistas, mapas e outros materiais como fontes de referencia e información bibliográfica. No fondo histórico, atópanse 862 manuscritos, 141 incunables, 27.725 impresos dos séculos XVI ao XVIII e 29.727 impresos publicados entre 1801 e 1900.
Ademais tamén hai dous fondos especiais que son a Biblioteca América e a Sección Galicia.
- Na Biblioteca de América, hai 35202 monografías, 2709 revistas e 2498 analíticas e é un fondo onde atopamos un número importante de libros, folletos e obxectos diversos de diferentes procedencias.
- Na Sección Galicia, atopamos obras de tema galego en calquera idioma, as que están escritas en galego independentemente do lugar de publicación e todas as obras obras de autores galegos como as editadas en Galicia.
Dentro das colección da biblioteca da universidade de Santiago hai os seguintes fondos dixitalizados:
- Os Fondos xerais que son libros dixitalizados do fondo antigo non galego.
- O fondo de Galicia que son os libros dixitalizados do fondo galego entre 1483 e 1900.
- Tese de Galicia na que atopamos teses defendidas na USC a partir de 2005.
- Fondo prensa galega, na que aparece prensa e revistas dixitalizadas do fondo antigo galego.
- Literaturas hispánicas na que se recollen manuais da BUSC da literatura hispánica dos séculos que van do S. XV ao S.XVIII.
- Biblioteca América, formado por fondos dixitalizados antes de 1900.
- Manuscritos dixitalizados.
- Bibliografías letras galegas que está elaborado pola BUSC e que se corresponden coas diferentes mostras bibliográficas organizadas anualmente con motivo do Día das Letras Galegas.
- Os documentos incunables.
Servizos
editarOs servizos que presta a biblioteca son:
- Información e referencia: Todas as bibliotecas da BUSC teñen un punto de información ao que se pode dirixir calquera usuario para solicitar axuda relacionada con:
- Reprografía: A Biblioteca facilita a reprodución dos seus fondos coas restricións que impoñen as leis pertinentes:
- Con carácter xeral, os fondos poderán ser reproducidos mediante:fotocopia, copia en papel a partir de microforma, reproducir por medios fotográficos cos equipos do solicitante, etc.
- Préstamo a domicilio: Os fondos da Biblioteca Universitaria poderán levar en préstamo a domicilio por un período de tempo e condicións dependendo do tipo de usuario e das características dos fondos.
Para facer uso deste servizo é necesario dispoñer do Cartón Universitario de Identidade ou dunha carta de lector expedida pola BUSC.[2]
Catálogo
editarO catálogo da biblioteca da universidade de Santiago de Compostela chámase Iacobus e nel atopámonos dous tipos de procura:
- Simple:[3] Que é a procura onde se pode buscar un documentos por unha variable, como sería: Palabra clave, Autor, Título, ISBN/ISSN, Tema, Tema Galego, Título de revista, Título de colección, Signatura e Orixe da colección. Ademais, da a opción de buscar nos distintos fondos da universidade.
- Avanzada:[4] Na que hai catro campos nos que podemos escoller en cada un deles se queremos que a procura sexa sobre o Autor, Tema, Título ou Nota. Ademais destas variables neste tipo de procura pódese especificar a localización do documento, tipo de materia (tipo de documento), a lingua, a data (podendo realizar un marco desde un ano e outro) e por último pódense ordenar os resultados por relevancia, data ou título.