Bembibre, León

concello da provincia de León

Bembibre é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo (Castela e León). A súa poboación é de 9929 habitantes (INE 2012).

Modelo:Xeografía políticaBembibre, León
Bembibre (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 42°36′55″N 6°25′01″O / 42.6154, -6.417
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalBembibre Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación8.196 (2023) Editar o valor en Wikidata (129,23 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie63,42 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Boeza Editar o valor en Wikidata
Altitude644 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataSilvia Cao Fornís (en) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24300 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico987 Editar o valor en Wikidata
Código INE24014 Editar o valor en Wikidata

Páxina webaytobembibre.es Editar o valor en Wikidata

Pedanías

editar

O Concello atópase na localidade de Bembibre, e é a segunda poboación máis importante da comarca do Bierzo, grazas sobre todo á actividade mineira (carbón e ferro).

Historia

editar

Capital da comarca do Val do Boeza, descubríronse castros en toda esta zona, o que demostra que o home habitou estas terras de antigo, aínda que houbo unha repoboación entre os séculos IX e XI orixe das actuais poboacións. A repoboación estivo ligada coa igrexa e a construción dos distintos mosteiros bercianos. O rei leonés Afonso IX impulsou a importancia da vila. O val do río Noceda formou parte do Señorío de Bembibre.

Etimoloxía

editar

O nome procede da lingua galaica Paemeiobris 'o oppidum entre ríos', que foi rebautizada como Interamnium Flavium polos romanos. Os seus habitantes no 15 a. C. aparecen como castellani paemeiobrigenses ex xente susarrorum no bronce de Bembibre achado na zona.[Cómpre referencia] Enrique Gil y Carrasco na súa novela El Señor de Bembibre, fala de "a frondosa ribeira de Bembibre", como un dos lugares privilexiados do Bierzo.

Demografía

editar
Evolución demográfica do municipio
1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
11.104 11.063 11.050 10.734 10.463 10.486 10.217 9989 10.059 10.092 10.053 10.136
Evolución demográfica do centro urbano
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
9587 9348 9394 9139 8924 8980 9019 8977 9040

Patrimonio e lugares de interese

editar
 
Igrexa Parroquial de San Pedro.
  • Igrexa Parroquial de San Pedro, de orixe románica.
  • Santuario (século XIX), onde se garda a imaxe do Ecce Homo, patrón do Bierzo Alto.
  • Museo Etnológico Municipal.
  • Igrexa Parroquial de San Esteban do Toral.
  • Casa Solariega da Familia Rodriguez.
  • Parque solar de interese didáctico.
  • O seu termo municipal está cuberto de piñeiros de repoboación, castañeiros, carballos e chopos nas beiras dos ríos.
 
Estación de Bembibre.

Folclore e costumes

editar

No mes de febreiro organízase a famosa Festa do Botelo. É unha gran comida onde se consomen máis de 1 000 botelos. De toda España acoden personaxes famosos das artes, as letras e a política. En 2009 a festa foi declarada de interese turístico nacional.

En xuño ten lugar a Feira do Mercado Medieval.

A mediados de setembro a cidade celebra as súas Festas Patronais, coñecidas como as do Cristo. O seu Santuario e a imaxe do Ecce Homo son moi queridos na zona. Pero é a finais de xuño e cada sete anos, cando se celebra a gran festa. A imaxe do Santo deixa o Santuario e diríxese en procesión escoltado por impresionantes pendóns ata a Igrexa Parroquial de San Pedro, onde permanece nove días. Durante este tempo a Confraría do Santo Ecce Homo paga unha pensión.

A tradición di que un ano, sen determinar, a xente sacou ao Ecce Homo do Santuario en procesión para que chovese. Cousa que ocorreu e desde entón as xentes do Bierzo Alto honran ao Santo sacándoo en procesión cada 7 anos. A próxima vez será o ano 2015.

Na pedanía de San Román de Bembibre festéxase a festa do Carme (16 de xullo), sendo tradición tomar sidra nos seus bares e mesóns.

Gastronomía

editar

O municipio forma parte da zona de produción de seis produtos que sobresaen pola súa calidade: o viño, a mazá reineta, o pemento, o botelo, a chacina e a pera.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar