Batalla do Ebro
A batalla do Ebro (en castelán: Batalla del Ebro, en catalán: Batalla de l'Ebre) foi a batalla máis longa e cruenta da Guerra civil española.[1][2] O combate foi librado entre xullo e novembro de 1938 principalmente en dúas comarcas catalás situada ao longo do río Ebro: a Terra Alta e Matarranya.
Batalla do Ebro | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
Líderes | |||||||||
Vicente Rojo Juan Modesto Enrique Líster Manuel Tagüeña Etelvino Vega José del Barrio Hans Kahle Domiciano Leal † Manuel Álvarez Álvarez † Antonio Beltrán Casaña |
Francisco Franco Fidel Dávila Arrondo Juan Yagüe Rafael García Valiño Francisco Delgado Fernando Barrón Ortiz Mohammed ben Mizzian |
A batalla rematou coa derrota das forzas republicanas que non lograron frear o avance das tropas do bando Nacional. Durante décadas estouparon bombas da batalla[3] e os agricultores da zona atoparon cadáveres dos mortos en combate.[4] Os incendios na zona de verán do 2022 en Corberá d'Ebre deixaron descubertos restos óseos dos corpos dos soldados en vinte fosas comúns.[5]
A batalla
editarEn 1938, despois de case dous anos de guerra civil, o avance das forzas nacionalistas dirixidas por Francisco Franco conquistara case todo o país. As tropas republicanas, desgarradas polas divisións ideolóxicas, o escaso apoio internacional e as numerosas derrotas, tentaron defender as poucas rexións que aínda estaban baixo o seu control, en particular Cataluña e a Comunidade Valenciana.
O 25 de xullo de 1938 as forzas republicanas comandadas polo coronel Juan Modesto lanzaron unha ofensiva polo río Ebro, collendo por sorpresa aos nacionalistas de Franco e avanzando cara á cidade de Gandesa (uns 25 km ao oeste do río).
Os soldados republicanos, porén, non estaban equipados con artillaría pesada[6] e, unha vez cruzado o río, carecían de medios de transporte suficientes. A diferenza dos nacionalistas (que recibiran medios e homes da Alemaña nazi e da Italia fascista), ademais, non podían contar co apoio aéreo.
Despois dun mes de loita, o desenlace da batalla e a vitoria dos franquistas era xa unha conclusión inevitable. As forzas republicanas sufriran grandes perdas pero o primeiro ministro Juan Negrín, ante a perspectiva dunha derrota total, ordenoulles que resistisen.
O enfrontamento converteuse, pois, en guerra de trincheiras e, a longo prazo, a superioridade en número de soldados e en armamento dos nacionalistas foi decisiva.
O fin da guerra
editarA derrota do exército republicano no Ebro supuxo, de feito, o inicio da fin da Guerra civil española. Os combates continuaron até abril de 1939 pero o destino do conflito estaba agora sen dúbida a favor de Franco.
A Batalla do Ebro foi a última librada polas Brigadas Internacionais que, por orde do Comité de Non Intervención, foron disoltas.
Notas
editar- ↑ "Sabes qué batalla tuvo lugar aquí?". Catalunya M'agrada (en castelán). Consultado o 2022-08-10.
- ↑ Delgado, Elena Sanz y Daniel (2019-12-11). "¿Qué fue la batalla del Ebro?". MuyHistoria.es (en castelán). Consultado o 2022-08-10.
- ↑ Galceran, Anna (1976-08-10). "Estallan bombas de la batalla del Ebro". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-08-10.
- ↑ "El Sueño Igualitario". www.cazarabet.com. Consultado o 2022-08-10.
- ↑ Serra, Laura (2022-07-08). "El fuego de Corbera d'Ebre deja al descubierto restos óseos de la Guerra Civil". Ara en Castellano (en castelán). Consultado o 2022-08-10.
- ↑ ""La batalla del Ebro no se habría perdido con una artillería y una aviación como las del enemigo"". www.publico.es. Consultado o 2022-08-10.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Batalla do Ebro |
Bibliografía
editarA Galipedia ten un portal sobre: Historia |
A Galipedia ten un portal sobre: España |
- Thomas, Hugh. The Spanish Civil War. Penguin Books. 2001. Londres. p. 813
- Beevor, Antony. The battle for Spain. The Spanish Civil War 1936-1939. Penguin Books. Londres. 2006. p. 350
- Jackson, Gabriel. The Spanish Republic and the Civil War, 1931-1939. Princeton University Press. Princeton. 1967. p. 528
- Preston, Paul. The Spanish Civil War. Reaction, Revolution & Revenge. Harper Perennial. Londres. 2006. p. 291
- Henry, Chris. The Ebro 1938: Death knell of the Republic. Osprey Campaign Series #60. Osprey Publishing (1999). C.Ed: David G. Chandler. ISBN 1-85532-738-4