Anthony Davis

baloncestista estadounidense

Anthony Davis, Jr., nado o 11 de marzo de 1993 en Chicago, Illinois, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Xogou de ala-pivote para a Universidade de Kentucky antes de ser seleccionado na 1ª posición do Draft da NBA de 2012 polos New Orleans Hornets. Despois da súa temporada "rookie" na NBA, foi elixido no mellor quinteto de novatos da competición. No seu segundo ano foi elixido no Quinteto ideal da NBA.

Modelo:BiografíaAnthony Davis

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Anthony Marshon Davis Editar o valor en Wikidata
11 de marzo de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Kentucky Editar o valor en Wikidata
Altura211 cm Editar o valor en Wikidata
Peso115 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, actor, actor de dobraxe Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Pivote Editar o valor en Wikidata
Número deportivo3 Editar o valor en Wikidata
Convocado porNew Orleans Pelicans, 1º (2012) Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorRed Bull GmbH Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2011–2012 Kentucky Wildcats
2012–2019 New Orleans Pelicans
2019– Los Angeles Lakers
Participou en
2014Campionato do Mundo de Baloncesto de 2014
2012Xogos Olímpicos de 2012 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm4992797 Facebook: anthonydavis23 Twitter: AntDavis23 Instagram: antdavis23 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Instituto

editar
 
Davis cos Wildcats.

Anthony Davis Jr. é fillo de Anthony e Eranier Davis. Naceu o 11 de marzo de 1993 no South Side de Chicago, Illinois. Ten unha irmá xemelga chamada Antoinette e unha irmá máis vella chamada Lesha, que tamén xogan a baloncesto. Na súa cidade natal acudiu ao Instituto Perspectives Charter School, un centro cun programa académico famoso polos seus programas de matemáticas e ciencias. O equipo do Perspectives milita nunha división da Chicago Public High School League, a chamada Blue Division, ignorada polos medios de comunicación debido ao baixo nivel da competición. No seu primeiro ano, Davis era coñecido como "O pequeno que lanza triplas desde a esquina". Ao finalizar o seu primeiro ano no instituto medra 10 centímetros e aínda que a tempada seguinte seguiu xogando por fóra, traballou o seu xogo interior adestrando co seu tío e os seus curmáns. Durante o seu ano júnior os seus pais pensaron en mudalo de instituto a un con maior repercusión nos medios. Con todo Donnie Kirksey, amigo do pai de Anthony, desaconsellou tal opción dicindo que "Se es bo, dá igual onde xogues, encontrarante".[1]

Universidade

editar

Tras terminar o instituto, Davis matriculouse na Universidade de Kentucky, onde pasou a formar parte do seu equipo de baloncesto, os Kentucky Wildcats dirixidos por John Calipari. Mesmo antes de que a súa carreira universitaria comezase, moitos analistas xa lle vían como futuro número 1 do Draft.[2] Calipari comparou fisicamente a Davis con Marcus Camby, mais afirmando que o seu pupilo era mellor driblador e tirador que Camby.[3]

No seu único ano universitario Davis fixo unha media de 14,2 puntos, 10,4 rebotes e 4,7 tapóns por partido, liderando a NCAA neste último apartado. Disputou un total de 40 partidos con media de 32 minutos por choque. Foi nomeado xogador do ano, novato do ano e mellor defensor do ano. Na final da Final Four da NCAA o seu equipo impúxose á Universidade de Kansas por 67-59 no Mercedes-Benz Superdome de Nova Orleáns. Aínda que non estivo moi acertado en ataque (1 de 10 en tiros de campo para un total de 6 puntos) o seu labor defensivo (16 rebotes e 3 roubos de balón) foron chave para o triunfo dos Wildcats. Uns días máis tarde declarouse escollíbel para o Draft de 2012.

Estatísticas

editar
Ano Equipo PX PT MPP %TC %3P %TL RPP APP ROU TPP PPP
2011–12 Kentucky 40 40 32.0 .623 .150 .709 10.4 1.3 1.3 4.7 14.2
Total 40 40 32.0 .623 .150 .709 10.4 1.3 1.3 4.7 14.2
 
Davis en 2014.

Tal e como previron moitos Mock Drafts, Davis foi seleccionado na primeira posición do Draft da NBA de 2012 por New Orleans Hornets.[4] Na súa estrea como profesional anotou 21 puntos e capturou 7 rebotes, mais non puido evitar a derrota do seu equipo en casa ante os San Antonio Spurs. Ao partido seguinte sufriu unha conmoción cerebral tras un choque co seu compañeiro Austin Rivers, o que lle mantivo afastado das pistas unha semana. Ao seu regreso asinou o seu primeiro dobre-dobre na NBA con 23 puntos e 11 rebotes, ademais de pór 5 tapóns. Participou no Rising Stars Challenge co Team Chuck, saíndo de titular e anotando 11 puntos e atrapando 9 rebotes. Davis finalizou a súa primeira tempada na NBA liderando a clasificación de rookies en rebotes (8'2) e tapóns (1'8). Foi incluído no mellor quinteto de rookies, mais a pesar de partir como favorito a principios da tempada, o premio ao Rookie do Ano levoullo Damian Lillard de forma unánime.

Na tempada 2013−14, Davis converteuse no xogador máis novo da historia da NBA en facer unha media de 20 puntos, 10 rebotes e 2'8 tapóns por partido. Quedou na terceira posición do trofeo ao Xogador máis mellorado da NBA tras Goran Dragić e Lance Stephenson. Ademais, foi elixido por primeira vez para disputar o All-Star Game, que celebrou en Nova Orleáns. Nun principio non foi votado polo público nin seleccionado posteriormente polos adestradores, mais a ausencia de Kobe Bryant por lesión permitiu a Davis estrearse no partido das estrelas diante do seu público. Tamén participou no Rising Stars Challenge en calidade de sophomore. A súa gran tempada non tivo premio a nivel colectivo, xa que os Pelicans, cun balance de 34 vitorias e 48 de derrotas, non se clasificaron para Playoffs.

A tempada 2014−15 foi a da súa definitiva consagración na elite da liga. Durante os primeiros meses de competición as súas espectaculares actuacións metéronlle de cheo na carreira polo MVP, que finalmente levou Stephen Curry. Ademais, foi incluído no Mellor quinteto da tempada e conseguiu clasificarse para os Playoff por primeira vez na súa carreira. O 9 de xullo de 2015 renovou o seu contrato por cinco anos e 145 millóns de dólares.

Estatísticas

editar
Lenda
  PX Partidos xogados   PT  Partidos titular  MPP  Minutos por partido  %TC  Porcentaxe de tiros de campo
 %3P  Porcentaxe de tiros de 3  %TL  Porcentaxe de tiros libres  RPP  Rebotes por partido  APP  Asistencias por partido
 ROU  Roubos de balón por partido  TPP  Tapóns por partido  PPP  Puntos por partido  Negra  Máximo de carreira
Temporada regular
Ano Equipo PX PT MPP %TC %3P %TL RPP APP ROU TPP PPP
2012−13 New Orleans 64 60 28.8 .516 .000 .751 8.2 1.0 1.2 1.8 13.5
2013−14 New Orleans 67 66 35.2 .519 .222 .791 10.0 1.6 1.3 2.8 20.8
2014−15 New Orleans 68 68 36.1 .535 .083 .805 10.2 2.2 1.5 2.9 24.4
2015−16 New Orleans 61 61 35.5 .493 .324 .758 10.3 1.9 1.3 2.0 24.3
2016−17 New Orleans 75 75 36.1 .505 .299 .802 11.8 2.1 1.3 2.2 28.0
2017−18 New Orleans 75 75 36.4 .534 .340 .828 11.1 2.3 1.5 2.6 28.1
2018−19 New Orleans 56 56 33.0 .517 .331 .794 12.0 3.9 1.6 2.4 25.9
Total 466 461 34.6 .517 .314 .795 10.5 2.1 1.4 2.4 23.7
All-Star 5 2 15.6 .739 .167 .000 4.0 0.2 1.0 0.0 20.6
Playoffs
Ano Equipo PX PT MPP %TC %3P %TL RPP APP ROU TPP PPP
2015 New Orleans 4 4 43.0 .540 .000 .889 11.0 2.0 1.3 3.0 31.5
2018 New Orleans 9 9 39.8 .520 .273 .828 13.4 1.7 2.0 2.4 30.1
Total 13 13 40.8 .526 .250 .850 12.7 1.8 1.8 2.6 30.5

Internacional

editar

Tras gañar o campionato universitario, e ante as lesións de varios xogadores importantes da selección estadounidense, Davis foi engadido xunto con James Harden á preselección do combinado norteamericano para os Xogos Olímpicos de Londres 2012. Máis tarde, unha lesión no nocello fixo que fose descartado da lista olímpica, mais tras a ausencia de última hora de Blake Griffin foi convocado de novo. Davis debutou nos Xogos Olímpicos ante Francia na vitoria do Team USA por 98-71, anotando tres puntos no oito minutos que estivo sobre o parqué. Finalmente conseguiría, xunto co resto dos seus compañeiros, a medalla de ouro de campión. Dous anos despois foi convocado de novo, esta vez para o Campionato do Mundo de Baloncesto de 2014 celebrado en España. Ao igual que na anterior cita o equipo de Davis conseguiu a medella de ouro.

  1. García, G. (29 de xuño 2012). "Anthony Davis, el último paso en la evolución del baloncesto". Marca (en castelán). Consultado o 16 de agosto de 2015. 
  2. Lucas (22 de novembro de 2011). "The Great NBA Draft Debate: Anthony Davis, Andre Drummond Or Harrison Barnes". Dime (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2015. 
  3. "23 Anthony Davis". Kentucky Wildcats (en inglés). 2011. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2012. Consultado o 19 de maio de 2012. 
  4. "Hornets take Davis with No. 1 pick in Draft". NBA.com (en inglés). 28 de junio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 16 de agosto ded 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar