Antonio López de Santa Anna
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Antonio López.
Antonio de Padua María Severino López de Santa Anna y Pérez de Lebrón, nado o 21 de febreiro de 1794 e finado o 21 de xuño de 1876, foi un político e militar mexicano.
Traxectoria
editarFoi Presidente de México en once ocasións. Ao longo da súa longa carreira política uniuse en distintas ocasións a realistas, insurxentes, monárquicos, republicanos, liberais e conservadores. Santa Anna foi tamén gobernador do Iucatán en 1824. A súa figura é unha das máis importantes e polémicas na historia mexicana.