Andrea del Verrocchio

Andrea di Michele di Francesco de Cioni, máis coñecido como Andrea del Verrocchio, nado en Florencia entre 1434 e 1437 e finado en Venecia no ano 1488, foi un escultor e pintor italiano. Foi un artista polifacético, porque ademais da escultura e a pintura, practicou a ourivaría e a música e mesmo estivo interesado nas matemáticas. O seu traballo foi influenciado polas últimas obras escultóricas de Donatello. O seu obradoiro era xa plenamente renacentista.

Infotaula de personaAndrea del Verrocchio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalAndrea di Michele di Francesco de Cioni
Biografía
Nacemento(it) Andrea di Michele Cioni Editar o valor en Wikidata
c. 1435 Editar o valor en Wikidata
Florencia Editar o valor en Wikidata
Morte7 de outubro de 1488 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Venecia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública de Florencia Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo italiano Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Florencia
Pistoia (pt) Traducir
Orvieto (pt) Traducir
Venecia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor (década de 1460–), arquitecto , músico , debuxante arquitectónico , tallador de imaxes , orfebre , escultor , bronze sculptor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorDesiderio da Settignano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato, arte sacra, nudez na arte, figura e arte animal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoRenacemento italiano e Renacemento Editar o valor en Wikidata
ProfesoresGiuliano Verrochi (en) Traducir e Donatello Editar o valor en Wikidata
AlumnosLeonardo da Vinci, Lorenzo di Credi (pt) Traducir, Pietro Perugino, Domenico Ghirlandaio, Francesco Botticini (pt) Traducir e Sandro Botticelli Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalDesiderio da Settignano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MecenasMedici Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX1406029 Musicbrainz: e0ef7926-563b-4706-ba2b-8c7000ac8919 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu en Florencia entre 1434 e 1437, na parroquia de Sant'Ambrogio (a súa casa natal sitúase hoxe entre a Vía dell'Agnolo e a Vía de' Macci). A súa mai, Gemma, tivo oito fillos, dos que Andrea era o quinto. O pai, Michele di Cione, era fabricante de tellas, e máis recadador de impostos. Andrea non casou nunca, mais axudou a algúns dos seus irmáns e irmás. O seu irmán Simone foi monxe en Vallombrosa e chegou a ser abade de igrexa de San Salvi. Outro irmán foi obreiro téxtil e unha das irmás casou cun barbeiro.

A fama de Andrea medrou cando foi acollido na corte dos Medici, para a cal traballou até poucos nos antes de morrer, cando decidiu marchar para Venecia, aínda que mantivo o seu obradoiro florentino. Comezou o seu traballo como ourives no taller de Giuliano Verrocchi, do que seguramente Andrea colleu o sobrenome polo que é aínda hoxe coñecido. O seu primeiro contacto coñecido coa pintura remonta ao ano 1460, cando traballou en Prato, con Fra Filippo Lippi, no coro do Duomo desa cidade.

O primeiro documento que o cita procede do ano 1452, é involúcrao nunha rifa na que resultara ferido un home polo mesmo artista.

Selección de obras

editar

Escultura

editar

Pintura

editar

Das súas pinturas apenas ha algunha na que non se vexa a man doutros artistas que traballaran no seu taller, como Il Perugino, Lorenzo de Credi, Leonardo da Vinci,...

Véxase tamén

editar