Abraham Zbarsky Geller
Abraham Zbarsky Geller, nado en Łódź en 1882 e finado en Pontevedra o 29 de decembro de 1936, foi un odontólogo e político galego de orixe rusa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1882 Łódź, Polonia |
Morte | 29 de decembro de 1936 (53/54 anos) Pontevedra, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | odontólogo, político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Familia | |
Fillos | Jacobo Zbarsky |
Traxectoria
editarInmigrante xudeu, chegou a Pontevedra en 1928. Revalidou os seus estudos de odontoloxía na Universidade Central de Madrid, e exerceu a súa profesión en Pontevedra. Afiliado á Agrupación Socialista de Pontevedra á que representou no Congreso Extraordinario do PSOE en 1931. Participou en varias iniciativas culturais, sendo directivo da Sociedad Filharmónica pontevedresa. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo no goberno civil. Foi detido e levado ao cárcere da Normal e logo á illa de San Simón. Co pretexto dun traslado ao cárcere de Ponte Caldelas, foi sacado do lazareto e asasinado no cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra o 29 de decembro de 1936. Os seus bens foron saqueados.
Era o pai de Jacobo Zbarsky, fusilado tamén polos sublevados.