Oaxaca de Juárez

Oaxaca de Juárez[1] é unha cidade mexicana, capital do estado de Oaxaca, así como cabeceira do municipio homónimo. Foi fundada por un destacamento de guerreiros, enviados polo oitavo tlatoani, o emperador azteca Ahuízotl no ano 1486, e instaláronse nas inmediacións dun cerro chamado en idioma zapoteco "Dani Noayaa Loani", (Outeiro de Boa Vista), ao que os nahuas chamaron Ehécatl (deus do vento). Hoxe esa elevación recibe o nome de "Cerro del Fortín". Achantada nos Valles Centrales, é a cidade máis extensa e poboada do Estado de Oaxaca, así como o seu centro económico e cultural. Contaba no 2010 con 555.029 habitantes, 793.522 contando a área metropolitana.

Modelo:Xeografía políticaOaxaca de Juárez
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 17°03′38″N 96°43′31″O / 17.0606, -96.7253
EstadoMéxico
Estado federadoOaxaca
ConcelloOaxaca de Juárez (municipio) Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación300.050 (2014) Editar o valor en Wikidata (3.510,59 hab./km²)
Xeografía
Superficie85,47 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.555 m-1.557 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1486 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal68000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico951 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webmunicipiodeoaxaca.gob.mx Editar o valor en Wikidata

En 1532, por cédula real, recibiu do rei Carlos I de España o título de "Moi nobre e leal cidade", chamándose primeiramente Antequera, nome que en 1821 foi substituído polo de Oaxaca, palabra derivada de Huaxyácac, que na lingua náhuatl significa "No nariz dos huaxes". Noutras linguas indíxenas do estado, o significado do nome da cidade é o mesmo: La'a ou Lula'a en zapoteco, Nunduva ou Ñundua en mixteco, Ya³kweh4 ou Akwej en triqui, Na²xi¹tzhe4 en mazateca, Ku²nchia² en chocho, Chjui³ en ixcateco, Wahk'wihm en mixe.

En 1872, a raíz do falecemento de Benito Juárez toma o seu apelido, quedando finalmente como "Oaxaca de Juárez".

O centro histórico da cidade, así como a zona arqueolóxica de Monte Albán, foron declarados pola UNESCO en 1987 como Patrimonio Cultural da Humanidade.


Vista panorámica de Oaxaca de Juárez desde o Cerro de El Fortín.

Vista panorámica de Oaxaca de Juárez desde o Cerro de El Fortín.
  1. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1494. ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Dalton Palomo M.: Oaxaca Tierra del Sol, Monografía Estatal (Secretaría de Educación Pública) 1989.

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.