O banquete
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
O banquete, ou O simposio, é unha obra do filósofo Platón. O diálogo pertence ao período de madurez (385-370 a.C.) de Platón. Neste período consolidase a liña iniciada no anterior período (período de transición) e escribe as obras máis representativas do seu pensamento: Fedón, A República e Fedro. Nel atópanse os principais mitos platónicos, a Teoría das Ideas e as bases da epistemoloxía, a ética e a política.
O banquete | |
---|---|
Título orixinal | Συμπόσιον |
Autor/a | Platón |
Orixe | Antiga Atenas |
Lingua | Grego antigo |
Xénero(s) | diálogo socrático |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Estrutura e argumento
editarEste escrito está redactado, como a maioría, en forma de diálogo. A obra divídese en tres partes: os cinco primeiros discursos, a exposición de Sócrates e a descrición final que fai Alcibiades.
A temática que aborda o Banquete é a de Eros, o Amor. O libro relata os diálogos que sobre o Amor se expuxeron nun banquete na casa de Agatón. Apolodoro é o que conta como ocorreu todo, segundo lle dixo Aristodemo.
Sinopse
editarOs primeiros discursos
editarA trama ábrese coa narración de Apolodoro sobre un banquete que se realizou na casa de Agatón, e no cal se falou do amor.
Primeiramente fala Fedro, quen expón que o Amor é un Deus e é o máis eficaz para alcanzar a virtude e a felicidade, tamén di que se un namorado é descuberto facendo certas cousas malas sofre máis se quen o descubriu é o seu amado en lugar doutra persoa.
Seguidamente o comentario de Pausanias troca o carácter retórico de Fedro nunha especulación filosófica, a existencia da Afrodita celeste e da Afrodita popular fan posible que tamén existan dous amores, un é o amor vulgar que se afoga na sensualidade e que convén esquecer, outro e un amor fermoso que se basea na alma. En tal sentido, se a intención amorosa é espiritual e tendente ao desenvolvemento moral do individuo, calquera acción homosexual será positivamente considerada.
Logo, o médico Erixímaco completa o anterior discurso pero deixa de lado a consideración puramente sexual, di que o amor proxecta o seu poder no campo humano e no campo divino. Amosa a natureza especificamente cósmica de Eros como forza imperante na natureza e defíneo como a realización da harmonía dos contrarios. Fala do estado san do corpo e do estado enfermo, os cales se explican segundo os dous amores diferenciados por Pausanias.
O seguinte en intervir é Aristófanes que comeza dicindo o gran poder que ten o Amor. Segundo o mito do andróxino antigamente o home tiña dous corpos con catro brazos, dúas cabezas, posuían os xéneros: masculino-feminino, masculino-masculino, feminino-feminino; Zeus dividiunos en dous, polo que cada individuo busca a súa metade. Deste modo queda explicado o Eros, definido coma a busca da outra metade tanto na homosexualidade masculina e feminina como na heterosexualidade.
O penúltimo que fala é Agatón, poeta tráxico, que centra o seu discurso na esencia divina de Eros e na descrición da perfección das súas virtudes, di que non hai maior pracer que o Amor.
A exposición de Sócrates
editarFinalmente toma a palabra Sócrates, facéndolle preguntas a Agatón, ao cal fan reflexionar (esta é a primeira fase, ironía, do método socrático), posteriormente atópase o diálogo de Sócrates con Diótima, sacerdotisa de Mantinea, da cal di que aprendeu todo o que sabe do amor. Sócrates pensa que o amor se caracteriza pola carencia, pola aspiración permanente e non pola posesión que garante o repouso. Eros é un elemento intermediario, un semideus que actúa de intérprete entre os cuestionamentos humanos e os designios divinos. Este carácter de intermediario hermeneuta fai de Eros un vínculo que mantén cohesionado todo o existente. Esta idea precisamente é a que se trata de precisar a través do mito do nacemento de Eros; fillo de Penía (pobreza) e Poros (riqueza), o Eros ten unha natureza bifronte: dialéctica permanente entre a busca e a adquisición. O carácter demónico de Eros fai posible a ligazón entre dous terreos aparentemente tanxenciais, isto é: Eros e Filosofía. Fronte aos deuses que xa posúen a sabedoría e aos ignorantes que non pretenden o coñecemento porque xa cren telo. Filosofía e Eros definen ao home como ese ser no que a aspiración é a carta de presentación do seu destino e, por isto mesmo, irrebasable. O concepto de Eros queda entendido como o motor e a esencia do home cara ao Ben como meta suprema. Ao Amor só podemos achegarnos se ascendemos á Beleza en si, ascensión que se fai dialecticamente a través de varias fases, dende o corpo até o coñecemento.
O discurso socrático reproduce con fidelidade o esquema dialéctico que Platón transmitiu: unha primeira fase irónica que ten como finalidade a destrución ou desestimación das opinións erróneas dos interlocutores e unha segunda fase maiéutica na que expón a verdade sobre o obxecto do debate.
A descrición de Alcibíades
editarO derradeiro discurso é o de Alcibíades, que realiza un eloxio de Sócrates até facelo aparecer como a verdadeira encarnación de Eros. O diálogo remata con Sócrates como única figura que queda en pé tralo banquete, amosando a inquebrantabilidade da alma filosófica fronte ás baixas paixóns.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O banquete |