Xosé Neira Vilas
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
Traxectoria
editarInfancia
editarXosé Santiago foi o fillo máis vello de Xosé Neira Silva e Manuela Vilas Arteaga, labregos que tiveron en total sete rapaces (Xosé, María, Xesús, Mercedes, Santiago, Manuel e Carme). O pai estivo na Arxentina seis meses xestionando o cobro dunha herdanza. Cos cartos que trouxo fixo unha casa e a familia trasladouse da do Romano, onde nacera Xosé e os irmáns máis vellos, á nova, onde a familia seguiu medrando. O mozo Xosé complementou a súa escasa formación primaria nunha pasantía de Camanzo, estudou comercio por correspondencia e, con dezaseis anos de idade, traballou de contable nun serradoiro.[2]
Na Arxentina
editarEn xaneiro de 1949 emigrou a América, inicialmente á Arxentina, exercendo traballos diversos de tipo comercial, sempre en calidade de asalariado. Alí publicou os seus primeiros traballos na prensa galega da emigración, como Opinión Gallega. Entrou en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela, Ramón de Valenzuela, Emilio Pita ou Alberto Vilanova. Integrou o grupo de teatro galego que dirixía Ricardo Flores Pérez. Estendeu a súa colaboración xornalística a publicacións de Uruguai e México.
En 1953, con outros mozos e mozas emigrantes, fundou as Mocedades Galeguistas, grupo político nacionalista xuvenil, das que foi secretario xeral e participou no proxecto do seu boletín Adiante (1954), publicado integramente en galego, do que saíron poucos números.[3] Foi Secretario da Comisión Organizadora do histórico Congreso da Emigración Galega (1956).[4] O 21 de febreiro de 1957 casou coa cubana de pais celanoveses Anisia Miranda Fernández, que se trasladara a Buenos Aires en 1953 e estudou xornalismo con Xosé. Nunca tiveron fillos. Vivindo nunha casa da rúa Asunción, en xullo dese mesmo ano, e por consello de Francisco Fernández del Riego, fundaron xuntos Follas Novas, unha modesta editorial e importante distribuidora en América de libros en galego[5] na que, despois de dez anos na capital arxentina e de reunir os poemas que foran aparecendo en distintos xornais e revistas, publica o seu propio primeiro libro: Dende lonxe (1960). Daquela traballaba nunha empresa de importación de madeiras, facía as xestións bancarias e cando remataba metíase no café La Vieja Viena, do barrio porteño de Villa Urquiza, a escribir. De aí, en tres meses, saíu o seu segundo libro, primeiro en prosa, Memorias dun neno labrego (1961).
Neste tempo usou os pseudónimos Xosé Ulla e P. Neirando.[6]
En Cuba
editarEn 1961 o matrimonio marchou para Cuba, permanecendo trinta e un anos no Caribe, onde escribiu a maior parte da súa obra literaria. Na illa traballou a prol da revolución.[7] Alí fundou a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Desempeñou diversos traballos na administración, no Ministerio de Industria Básica (MINBAS), tendo ao seu cargo a división "Organismos internacionales y convenios de colaboración científica y técnica". Colaborou na prensa de dentro e fóra, como Nova Galicia, e exerceu durante seis anos (1983-1989) a xefatura de redacción da revista infantil Zunzún.[8] Dende 1972 a parella fixo unha ducia de viaxes a Galicia.
A volta definitiva a Galicia
editarXa xubilados, regresaron definitivamente a Galicia en 1992 para viviren en Gres. Alí continuaron co labor cultural e xornalístico e dirixiron a Fundación Xosé Neira Vilas, constituída en maio de 1993. Foi catalogada oficialmente como de interese cultural[9] e de interese galego,[10] co obxecto de promover e divulga-la cultura galega nos seus máis diversos aspectos, en tódalas facetas da cultura universal que incidan no patrimonio cultural de Galicia. A fundación ten a súa sede na Casa do Romano, que alberga un museo etnográfico e unha biblioteca pública de 8 500 volumes[11] . A FXNV convoca bianual e alternativamente o Premio Arume de poesía e o Premio Estornela de teatro para nenos.
Neira Vilas escribiu as series "Memoria da emigración" e "Crónicas galegas de América", aparecidas inicialmente en Faro de Vigo (os domingos de 1992 a 1995) e despois en El Correo Gallego (1995-1999). Neste mesmo xornal, fixo a columna dominical "Arredor do mundo" e "O sarillo do tempo" e, máis adiante, puntualmente, artigos culturais en Galicia Hoxe.[12]
Ingresou como membro numerario da Real Academia Galega no ano 2001, a proposta de Xesús Alonso Montero, Antón Santamarina e Francisco Fernández Rei,[13] pronunciando o discurso A cultura galega en Buenos Aires: 1950-1960, respondido por Alonso Montero.[14] Tralo seu pasamento a súa cadeira foi ocupada en xaneiro de 2017 por Marilar Aleixandre.
Anisia Miranda finou o 22 de outubro de 2009. O de Gres faleceu na súa cama na súa casa de Vila de Cruces o 27 de novembro de 2015 ós 87 anos de idade.[15]
Obra
editarA súa obra Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega[16] con máis de 700 000 exemplares vendidos.[17][18] Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten o mundo rural e a emigración. Entre as novelas que reflicten o mundo rural hai que distinguir entre as de protagonista infantil e adulto. As de protagonista infantil, forman o chamado "ciclo do neno" e son: Memorias dun neno labrego (1961), Cartas a Lelo (1971) e Aqueles anos do Moncho (1977). Entre as que reflicten o agro galego dende a perspectiva adulta e recrean toda a súa crueza: Xente no rodicio (1965),[19] A muller de ferro (1969)[a] e Querido Tomás (1980). Un pouco diferentes, aínda permanecendo un substrato rural, son as obras Lar (1973), Nai (1980) e Pan (1986). O mundo da emigración aparece en Camiño bretemoso (1967), na colección de contos Historias de emigrantes (1968), en Remuíño de sombras (1972) e en Tempo novo (1987).
Neira Vilas escribiu tamén libros para nenos, entre os que destacan Espantallo amigo (1971), O cabaliño de buxo (1971), A marela Taravela (1976), Contos vellos pra rapaces novos (trad., 1983) e Chegan forasteiros (1992). En colaboración coa súa muller, Anisia Miranda, publicou un libro de cancións e poemas titulado Cantarelas e contos prá xente miúda (1975).
Listaxe da obra en galego
editarNarrativa
editar- Memorias dun neno labrego (1961). Buenos Aires: Edicións Follas Novas. Foi traducido a multitude de idiomas.[20] Galaxia: Biblioteca Neira Vilas, 2016, 148 páxs. ISBN 978-84-9865-343-4. Galaxia: Edición conmemorativa dos 50 anos da publicación deste libro, ilustrada polo debuxante Xaquín Marín, 2016, 100 páxs. ISBN 978-84-9865-346-5.
- Xente no rodicio (1965). Vigo: Galaxia. Con prólogo de Salvador Lorenzana.[b] Foi traducida ao castelán.[21] Nova edición en 2012 na Biblioteca Neira Vilas, con debuxos de Xohán Ledo, ISBN 978-84-9865-437-0.
- Camiño bretemoso (1967). Foi traducido ao castelán.[22] Ed. en 2022, Biblioteca Neira Vilas, 144 páxs. ISBN 978-84-9151-751-1. Un vello emigrante vai facendo reconto do seu traxecto vital perante un interlocutor que non intervén mais serve para darlle ao monólogo máis vivacidade e dramatismo.
- Historias de emigrantes (1968). Patronato da Cultura Galega de Montevideo. Foi traducida ao castelán.[23]
- A muller de ferro (1969). Vigo: Galaxia.[a] Oito dos relatos foron traducidos ao castelán co título de En la extraña ciudad: cuentos y recuentos.[24] Ed. en 2022, Biblioteca Neira Vilas, 152 páxs. ISBN 978-84-9151-846-4.
- Remuíño de sombras (1973). Vigo: Edicións Castrelos, Colección Pombal.[25] Foi traducido ao castelán.[26] Galaxia: Ed. en 2022, Biblioteca Neira Vilas, 126 páxs., ISBN 978-84-9151-752-8.
- Lar (1973) Madrid: Akal, Colección Arealonga. 94 paxs. ISBN 9788473390279.
- Aqueles anos do Moncho (1977). Madrid: Akal, Colección Arealonga. Foi traducida ao castelán.[27] En Galaxia, Biblioteca Neira Vilas: 2016, ISBN 978-84-9865-622-0. Transcorre nunha aldea galega durante os anos da Guerra Civil. Todo xira arredor da existencia dun neno duns nove anos, cheo de curiosidade mais ao que lle custa entender o que acontece.
- O ciclo do neno (1978).[c] Madrid: Akal, Colección Arealonga. 336 páxs. ISBN 9788476002575.
- Nai (1980). Madrid: Akal, Colección Arealonga. 88 páxs. ISBN 9788473395120. As lembranzas da sua nenez ordenados ao redor da figura materna, verdadeira protagonista que enche as páxinas do libro.
Estatuas a Balbino, protagonista de Memorias dun neno |
- Querido Tomás (1980).[28] Sada: Ediciós do Castro. Foi traducida ao castelán.[29] En Galaxia, Biblioteca Neira Vilas: 2011, 140 páxs. ISBN 978-84-9865-394-6.
- Encrucilladas (1981).[d] Vigo: Galaxia. ISBN 9788471543431.
- Pan (1986). Vigo: Galaxia. 164 páxs. ISBN 978-84-7154-551-0.
- Tempo novo (1987). Sada: Ediciós do Castro. Galaxia: Ed. en 2022, Biblioteca Neira Vilas, 162 páxs. ISBN 978-84-9151-803-7. Ambienta os seus relatos no período de cambio que se opera en Cuba tras a Revolución de 1953, onde nos achega o desarraigamento dos galegos e as súas esperanzas nos cambios sociais.
- Papeis, As toupas e O home dos ferranchos (1992). Contos do Castromil.
- Charamuscas (1993). Vigo: Galaxia. Inclúe Lar, Nai e Pan. 184 páxs. ISBN 9788471548795.
- Contos de tres mundos (1995). Vigo: Edicións Xerais de Galicia, Col. Biblioteca das Letras Galegas. 232 páxs. ISBN 9788475079127. Edición e prólogo de Xosé Manuel Enríquez. Textos escollidos de: Xente no rodicio, A muller de ferro, Historias de emigrantes, Tempo novo, Pan.
- O home de pau (1999). Vigo: Xerais. Ilustracións de Siro López.[e] 176 páxs. ISBN 9788483026571. [30]
- Relatos mariñeiros (2003). Vigo: Xerais. Ilustracións de Xaquín Marín. 128 páxs. ISBN 978-84-8302-933-6. Unha vintena de narracións curtas inspiradas na comunidade de pescadores galegos das Mariñas, asentados na Habana durante os anos trinta, corenta e cincuenta do século XX.[31]
- A fuxida de Manuel (2007). Pío García Edicións. Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística. Prólogo de Xaquín Monteagudo.[32]
- Esperando o leiteiro (2012). Vigo: Galaxia, Biblioteca Neira Vilas. 112 páxs. ISBN 978-84-9865-421-9. Un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo campesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a mediados do século XX, o ha levar da súa aldea a Buenos Aires.
- Lar. Nai. Pan (2014). Vigo: Galaxia, Biblioteca Neira Vilas. 224 páxs. ISBN 978-84-9865-568-1.
- Romaría de historias (2015). Vigo: Galaxia, Biblioteca Neira Vilas. 152 páxs. ISBN 978-84-9865-644-2. Novela ambientada na aldea galega.
- Os papeis do vello mariñeiro (2017). (póstuma). Edicións Bolanda. Máis de sesenta historias de mariños da mercante.[33] 88 páxs. ISBN 978-8469737033.
- Co pai (2019). Vigo: Galaxia, Biblioteca Neira Vilas.[34] 92 páxs. ISBN 978-84-9151-350-6. As vivencias co seu pai. As experiencias dos dous xuntos, en común, en compaña nos labores, traballos e problemas domésticos (póstuma, inéditos).
Literatura infanto-xuvenil
editar- O cabaliño de buxo (1971). Sada: Ediciós do Castro.
- Cartas a Lelo (1971). Sada: Ediciós do Castro. En 2011: Galaxia, Biblioteca Neira Vilas. 128 páxs. ISBN 978-84-9865-344-1.
- Espantallo amigo (1971). Sada: Ediciós do Castro. Foi traducido ao castelán en dúas ocasións, ao ucraíno, ao catalán, ao inglés e ao éuscaro.[35] En Galaxia, Col. Árbore: 2010, 96 páxs. ISBN 978-84-8288-903-0.
- A marela Taravela (1976). Edicións Celta. 2ª edición en 1989, en Galaxia e en 2004: ISBN 978-84-8288-760-9.
- Contos vellos pra rapaces novos (1983).[f] Sada: Ediciós do Castro.
- De cando o Suso foi carteiro (1988). Sada: Ediciós do Castro. Galaxia, Col. Árbore: Ed. en 2021, Ilustracións de Kristina Sabaite, 80 páxs., ISBN 978-84-9151-753-5.
- Chegan forasteiros (1992). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-625-5. Edición en Galaxia (2023), 96 páxs., ilustracións de Vizoso. ISBN 978-84-1176-046-1.
- O xardín de Irene (2015). Edicións Embora. Ilustrado por Leandro Lamas. ISBN 9788492644957. Poesía infantil.
- Quique na aldea (2016). Edicións Bolanda. 32 páxs. ISBN 978-84-617-5582-0.[36]
Poesía
editar- Dende lonxe (1960). Buenos Aires: Follas Novas.
- Inquedo latexar (1969). Lugo: Xistral. ISBN 978-84-85271-10-8.
- Poesía recadada (1994). Culleredo: Espiral Maior. 99 páxs. ISBN 978-8488137289.
- Dende Gres (2004). Culleredo: Espiral Maior. 81 páxs. ISBN 9788495625991.
- Cantos de sol a sol (2014). GaliNova. ISBN 978-8497372183. Contén CD.
- Cantos que veñen de lonxe (2014). Silleda: Fervenza Edicións. 32 páxs. Libro-CD con música de Xervasio Sánchez.
Ensaio
editar- Galegos no Golfo de México (1980). Sada: Ediciós do Castro, serie Testemuña. 256 páxs. ISBN 9788474920208. Foi traducida ao castelán.[37]
- Castelao en Cuba (1983). Sada: Ediciós do Castro, Documentos para a historia contemporánea de Galicia. 284 páxs. ISBN 978-8474921717.
- A prensa galega de Cuba (1985).[38] Sada: Ediciós do Castro. Reeditado en 2011 polo CRPIH (ISBN 978-84-453-5020-1, 183 páxs.).[g]
- Índice da revista El Eco de Galicia (A Habana, 1878-1901) (1988). Sada: Ediciós do Castro. 206 páxs. ISBN 9788474923919.
- Discurso pronunciado por Xosé Neira Vilas na inauguración do instituto de BUP que leva o seu nome : en Perillo-Oleiros, o 2 de maio do 1989 (1990).[39] Sada: Ediciós do Castro
- Guerrilleiros (1991). Sada: Ediciós do Castro, Documentos. 287 páxs. ISBN 9788484852490.
- Na outra banda do mar (1992). Nº 70 da Biblioteca 114, Editorial Compostela.
- Rosalía de Castro e Cuba (1992).[40] Patronato Rosalía de Castro. ISBN 978-84-87668-05-0.
- Memoria da emigración I (1994). Sada: Ediciós do Castro.[41] Serie Documentos.
- Eduardo Blanco-Amor, dende Buenos Aires (1995). Sada: Ediciós do Castro. 280 páxs. ISBN 9788474927238.
- A lingua galega en Cuba (1995).[40] Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-87172-94-6.
- Memoria da emigración II (1995). Sada: Ediciós do Castro. 316 páxs. ISBN 9788474927627.
- Memoria da emigración III (1996). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-8474927986.
- Galegos que loitaron pola independencia de Cuba (1998).[40] Sada: Ediciós do Castro. 244 páxs. ISBN 9788474928822.
- Acto de investidura como "doutor honoris causa"…. 1999.[42] UDC.
- Crónicas galegas de América. Rolda primeira (1999).[43] Sada: Ediciós do Castro. 316 páxs. ISBN 9788474929478.
- Crónicas galegas de América. Rolda segunda (2000).[44] Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-993-5.
- Manuel Murguía e os galegos da Habana (2000). Sada: Ediciós do Castro. 240 páxs. ISBN 9788474929683.
- A cultura galega en Buenos Aires, 1950-1960 (2001).[14] Discurso de ingreso na RAG.
- Crónicas galegas de América. Rolda terceira (2002).[45] Sada: Ediciós do Castro. 400 páxs. ISBN 9788484850458.
- Prosas varias (2004). Fundación Otero Pedrayo-Ed. Galaxia. 124 páxs. ISBN 978-84-920781-8-9.
- O sarillo do tempo (2004). Vigo: Xerais. 240 páxs. ISBN 9788497820868. A vida, o mundo, as amizades, as homenaxes, a historia, a literatura protagonizan este centenar de artigos escritos ao compás do sarillo do tempo que marca o existir e o facer de Neira Vilas.
- Xentes e camiños (2005). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 9788497822626. Son cen artigos de acentuado carácter memorialístico, publicados no xornal El Correo Gallego, onde se convocan a xentes moi diversas que percorren os camiños do tempo máis variados.
- Vinte anos retornando (2006). Vigo: Xerais. 240 páxs. ISBN 978-84-9782-477-4. Recolle a experiencia das doce viaxes que realizou coa súa compañeira Anisia Miranda dende 1972 ata 1992, cando, despois de corenta e tres anos na emigración americana, deciden radicarse definitivamente en Galicia.
- Arredor do mundo (2007). Vigo: Xerais. 240 páxs. ISBN 9788497826372. Un cento de artigos noutros tantos temas e acontecementos que ocorren no mundo que se chama Galicia.
- Neira Vilas, os anos da Arxentina: 1949-1961: textos recuperados (2008). Vigo: Galaxia. Ed. de N. Longhini. 312 páxs. ISBN 978-84-9865-060-0.
- Lóstregos (2009). Vigo: Xerais, Crónica, Xornalismo. 224 páxs. ISBN 978-84-9914-025-4. Cen temas variados que informan, analizan ou denuncian cuestións ou acontecementos pretéritos que dalgún xeito inciden nas nosas vidas.
- Presenza galega en Cuba (2010). Vigo: Xerais. Tradución de Xosé Manuel García Crego. 184 páxs. ISBN 978-84-9914-080-3.[46]
- Penúltimo dietario (2011). Vigo: Xerais. 312 páxs. ISBN 978-84-9914-286-9. Memoria dos últimos dezasete anos (del e de Ansia) vivindo no retrinco do mundo onde eu: a imaxe do Ulla, os labradíos e os montes de Gres, o Castromouzo, o castro da Pena Andoriña...
- 100 anos do Himno galego (2012). Ferrol: Edicións Embora. 118 páxs. ISBN 978-84-92644-42-1.[47]
- Cancela aberta (2013). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 9788499145143. Textos que nos levan a lugares, persoas e feitos recreados ou descoñecidos, sempre novidosos.[h]
- Neira Vilas. Memoria gráfica (2013). Santiago: Edicións Bolanda. ISBN 9788461668649.
- Con Anisia Miranda na Costa da Morte (2014). Ferrol: Edicións Embora. 176 páxs. ISBN 978-84-92644-86-5.[48]
- Días de Cuba (2014).[49] Vigo: Galaxia, Col. Memoria. 412 páxs. + 18. ISBN 978-84-9865-523-0. Lembranzas de 1961 a 1992, cando residiu en Cuba.
- Galicia en Cuba. Lingua, Rosalía, loitas (2014).[40] Consello da Cultura Galega.
- Isaac Díaz Pardo. Crónica dunha fecunda amizade (2014). Santiago: Edicións Bolanda. 424 páxs. ISBN 978-84-616-9448-8.[50]
- Semente galega en América (2015). Santiago: Edicións Bolanda. 216 páxs. ISBN 978-84-616-6864-9. As historias de cen "sementes" galegas en América.
- Olladas no camiño (2016). Silleda: Edicións Fervenza. 216 páxs. ISBN 978-84-943036-6-1. Recompilación de distintos artigos de Xosé Neira Vilas publicados en medios escritos.
- De Gres a Cádiz (2018). Vigo: Galaxia, Biblioteca Neira Vilas.[i] 216 páxs. ISBN 978-84-9151-167-0.[51]
- Caderno de Gres (2021).[52] Fundación Xosé Neira Vilas.
Epistolarios
editar- Cartas de vellos amigos. 1959-1998 (2010). Vigo: Galaxia, Col. Memoria. 612 páxs. ISBN 978-84-9865-218-5.
- Cartas e lembranzas. Epistolario con Francisco Fernández del Riego 1959-2007 (2013). Vigo: Galaxia, Col. Memoria. 276 páxs. ISBN 978-84-9865-489-9.[53]
- Epistolario diverso (2014).[j] Ferrol: Edicións Embora. 192 páxs. ISBN 978-84-92644-74-2.[54]
- "Correspondencia entre Xosé Neira Vilas e Carlos López García Picos", Grial, 233, 2022.[55]
Con Anisia Miranda
editar- Cantarolas e contos prá xente miúda (1975). Madrid: Akal. ISBN 978-84-7339-059-0.
- Cantarolas (1995). Vigo: Xerais. Ilustracións Mª Fe Quesada. 64 páxs. ISBN 9788475078885.
Outras obras colectivas
editar- II Festival da Poesía do Condado. SCD Condado, 1982.
- IV Festival da Poesía no Condado. SCD Condado, 1984.
- Luís Seoane, 1910-1979. Unha fotobiografía. Xerais, 1994.
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade. Ediciós do Castro, 1995.
- Construír a paz. Xerais, 1996.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996). Xerais, 1996.
- E dixo o corvo.... Xunta de Galicia, 1997.
- Manuel Ponte Pedreira: a resistencia antifranquista na comarca de Ordes. "Obradoiro de História", 1997.
- Novo do trinque. Bloque Nacionalista Galego, 1997.
- 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte (1967-1973). USC, 1997.
- Poetas e narradores nas súas voces. I. Consello da Cultura Galega, 2001.
- Un futuro para a lingua. Xunta de Galicia, 2002.
- Carlos Casares: a semente aquecida da palabra. Consello da Cultura Galega, 2003.
- Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003.
- Narradio. 56 historias no ar. Xerais, 2003.
- Palabra por palabra. Contos da Policía. Ir Indo, 2003.
- Poemas pola memoria (1936-2006), Xunta de Galicia, 2006.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, Difusora, 2006.
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación. Fundación Manuel María, 2009.
- Encontros con Laxeiro. Ir Indo, 2009.
- Cartas de vellos amigos (1959-1998). Galaxia, 2010. Edición de Dolores Vilavedra.[k]
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova. Editorial Toxosoutos, 2010.
- Correspondencia de Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro. Cadernos Ramón Piñeiro XXII, CIRP, 2012.[56]
- Cartas e lembranzas. Epistolario con Francisco Fernández del Riego 1959-2007. Galaxia, 2013.
- Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas. Cadernos Ramón Piñeiro XXXII, CIRP, 2015. Ed. de A. Requeixo.[57]
Listaxe da obra en castelán
editarNarrativa
editar- En la extraña ciudad: cuentos y recuentos (1982). A Habana: Arte y Literatura.
Ensaio
editar- Los días cubanos de Alfonso Castelao (1988). A Habana: Unión.
- Presencia diversa de los gallegos en Cuba (2007). Xunta de Galicia.
Traducións
editar- Do castelán ao galego
- Itinerario galego, de Victor L. Molinari, 1958.
- Trinta e nove poemas, de Nicolás Guillén. Ediciós do Castro, 1977.
- Xornal de prisión, de Ho Chi Minh. Ediciós do Castro, 1978.
- Mitos e lendas da vella Grecia, de Anisia Miranda, 1983.
- A historia absolveráme, de Fidel Castro, 1990.
- A idade de ouro, de José Martí. A Nosa Terra, 1991.
- O Camiño de Santiago, de Alejo Carpentier. Ediciós do Castro, 1993.
- Do galego ao castelán
- Seis poemas galegos de Federico García Lorca, 1964.
- Veintiún poemas de Uxío Novoneyra, 1966.
Igualmente, traduciu varios libros da súa propia autoría, previamente publicados en galego, para publicar en castelán en editoriais cubanas: Memorias de un niño campesino, Aquellos años de Moncho, Querido Tomás, Camino nebuloso, Pescadores gallegos de La Habana e Los días cubanos de Alfonso Castelao.
Recoñecementos
editarA traxectoria de Neira Vilas foi recoñecida con varios premios e recoñecementos, destacando entre eles os seguintes:
- Premio da Crítica Española (narrativa) en 1978, por Aqueles anos do Moncho.
- Premio da Crítica Galicia (ensaio), en 1981, por Galegos no Golfo de México.
- Pedrón de honra, en 1986.
- Medalla Castelao, en 1988.
- Premio Celanova Casa dos Poetas, en 1989.
- V edición dos Premios San Martiño de normalización lingüística, en 1995, concello da Estrada.
- Investido doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña en 1998.[58]
- Vieira de prata do Patronato da Cultura Galega de Montevideo, en 1998.
- Premio do Arquivo da Emigración 1999 de prensa escrita, instituído polo CCG, por Crónicas galegas de América. Rolda primeira.
- Foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega, en 1999.[59]
- Investido doutor Honoris Causa pola Universidade da Habana en 2003.[60]
- Premio Trasalba, en 2004.
Gravacións de son | |
---|---|
"Neira Vilas: 'Días de Cuba'" RNE, 3/10/2015 (en castelán). | |
Vídeos | |
Entrevista, por Fernanda Tabarés, en V Televisión, 5/3/2012. |
- Fillo predilecto do Concello de Vila de Cruces, en 2005.[61]
- Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela, en 2009, no Concello da Estrada
- Premio Laxeiro, en 2010.[62]
- Unha biblioteca pública de Vigo leva o seu nome, inaugurada polo propio escritor o 24/3/2011.
- Medalla de Ouro de Galicia, en 2015.[63]
- Desde 2016 un premio leva o seu nome, o Xosé Neira Vilas de Novela Curta.
- Levan o seu nome tres centros públicos de ensino.[l]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Neira Vilas.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Conxunto de 23 relatos. Inclúe: "A muller de ferro", "Home e gato", "Marcha", "O berro", "A parede", "O señor Manuel", "Formigas", "A casa engruñada", "Tres ovos de carrizo", "O corgo", "Despois do camiño", "Letreiros", "As toupas", "O crime de todos", "Ovellas, "O papel", "Valentín e o coto", "Un padriño", "Iñor", "O can doente", "O faiado", "O home dos ferranchos" e "A morte da árbore".
- ↑ Inclúe vinte relatos: "O muiñeiro", "O suicidio", "A ofrenda", "Vidro e sol", "María", "A serra", "Auga", "Noxo", "O delicto de Tomás", "O trebón", "Corredoira", "A sombra", "Lucinda", "A seca", "Abel", "¿Como é o mar?", "A irmá de Susiño", "Isaura", "O Pesco" e "Todo para Carme".
- ↑ Inclúe Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho.
- ↑ Contén: Xente no rodicio, Camiño bretemoso e A muller de ferro. Con prólogo de Valentín Paz-Andrade.
- ↑ Os quince contos («O home de pau», «Coches», «Unto», «Casa», «O parvo», «Alameda», «O xigante Med», «Folga», «Papeis», «Babel S.A.», «Fumes», «Decibelios», «Cadelandia», «Anuncios» e «Reloxos») foron escritos ao longo do ano 1988 na Habana cando Xosé Neira Vilas era xefe de redacción da revista infantil Zunzún. Foron reescritas en Galicia, no inverno de 1993
- ↑ Inclúe: "Os tres irmáns e o vello sabio"; "A pedra de facer sopa"; "O rei Svatopluk e os tres paus"; "O rei e o labrego"; "Sempre de Chós"; "O vello que foi á escola"; "Os catro mozos"; "A fuxida do pintor Li"; "A mangosta"; "A agulla que trema"; "Eu non sei nada"; "Catro adiviñas"; "Thanh Xiong"; "O vello gardián"; "O cabalo sen amo"; "O porco e o elefante"; "Un conto que hai que relembrar"; "O xuízo de Karakush"; "O home parvo"; "Como a araña Pakaiana enmagreceu a súa cintura"; "Baramba o fachendoso"; "O escravo que era máis sabio que o rei"; "O Kakuí"; "As persoas que buscaban o día de mañá"; "O mellor e o peor"; "Caupolicán"; "As torres do rei"; "O rapaz hortelán"; "As sandalias do chasqui"; "A flor de camalote"; "A bulsa de veneno da iguana"; "O sapoconcho e o mono comparten unha árbore" e "Maui, o portador do fogo".
- ↑ Abrangue oito décadas (de 1878 a 1960) da prensa galega editada en Cuba. Un libro no que se recollen 71 publicacións, entre revistas e semanarios.
- ↑ Están Rosalía de Castro, Mario Benedetti, Herminio Barreiro, Amílcar Cabral, José Antonio Labordeta, Emilio Pita, Mercedes Sosa, Juan Gelman…
- ↑ Comezou a escribir en 1996 este libro, ata entón inédito, que reúne lembranzas, ou o que el denominou “prosas condensadas”, dun tempo esencial para a vida e a formación do escritor. De Gres, a aldea onde naceu, a Cádiz, a cidade na que embarcou aos vinte anos con rumbo a América
- ↑ Recolle cartas de personaxes como Arturo Cuadrado, Santiago Álvarez, Luis Soto, Ramón de Valenzuela, García-Sabell, Carlos Casares, Pura e Dora Vázquez, Ricardo Palmás, Victoriano Taibo, Eduardo Moreiras, Reimundo Patiño...
- ↑ Inclúe misivas de 42 remitentes, entre outros, Valentín Paz-Andrade, Celestino Fernández de la Vega, Aquilino Iglesia Alvariño, Manuel María, Eduardo Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro, Juan Naya Pérez, Ramón Otero Pedrayo, Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Piñeiro, Ricardo Carballo Calero, Carlos Velo, Leandro Carré Alvarellos, Antón Fraguas e Lois Tobío Fernández.
- ↑ O Colexio Rural Agrupado de Boqueixón-Vedra Neira Vilas; o CEP Xosé Neira Vilas, en Peitieiros, Gondomar e o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, en Perillo, Oleiros.
- Referencias
- ↑ Alonso Montero (1968). Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega Editorial Ciencia Nueva (en castelán).
- ↑ Rábade Paredes 1992, p. 7.
- ↑ Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións Periódicas. Galaxia. p. 23-24. ISBN 84-8288-137-X.
- ↑ Actas do primeiro Congreso da Emigración Galega. 1956. Buenos Aires Facsímile, 2006. ISBN 84-96530-18-3.
- ↑ "Follas Novas". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ "n". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-02-06.
- ↑ Gómez & Queixas 2001, p. 298.
- ↑ Chouciño Fernandez, Ana (2007). Diez años de Zunzún: revista infantil cubana (1980-1990) (en castelán). USC. ISBN 978-84-9750-907-7.
- ↑ "Orde do 22 de xaneiro de 1997 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Xosé Neira Vilas" DOG
- ↑ "Orde do 20 de febreiro de 1997 pola que se recoñece de interese galego … a Fundación Xosé Neira Vilas" DOG.
- ↑ Sitio web da Fundación Xosé Neira Vilas
- ↑ Biografía de Xosé Fundación XNV.
- ↑ "Membros da Academia. Xosé Neira Vilas". Real Academia Galega.
- ↑ 14,0 14,1 Neira Vilas, Xosé (2001). A cultura galega en Buenos Aires: 1950-1960. A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ "Falece aos 87 anos Xosé Neira Vilas". Pontevedra Viva. 27/11/2015.
- ↑ Montse Dopico (27/11/2015). "Xosé Neira Vilas: a memoria dos “ninguén”". Praza Pública. Consultado o 27/11/2015.
- ↑ "A Consellería de Cultura e Educación acompaña a Xosé Neira Vilas na presentación…". Xunta de Galicia. 14/1/2014.
- ↑ F, X (22/7/2015). "«Memorias dun neno labrego» chega á súa edición número 35". La Voz de Galicia. Consultado o 4/1/2016.
- ↑ Rábade Paredes 1992.
- ↑ "Memorias dun neno labrego". Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "Gente en el rodezno". Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "Camino nebuloso". Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "Historias de emigrantes". Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "En la extraña ciudad: cuentos y recuentos". Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Con prólogo de Basilio Losada. Imaxe da portada
- ↑ "Remolino de sombras". Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "Aquellos años de Moncho". Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Neira Vilas lendo un fragmento de Querido Tomás.
- ↑ "Querido Tomás". Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "O home de pau". Librotea (en castelán). Consultado o 5/6/2022.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 5/6/2022.
- ↑ "A fuxida de Manuel" (PDF). galeguizargalicia.gal.
- ↑ Emigración, Crónicas de la. "‘Os papeis do vello mariñeiro’, obra póstuma de Neira Vilas, le da voz a un navegante gallego al otro lado del mar". Crónicas de la Emigración (en castelán). Consultado o 2022-06-05.
- ↑ "Galaxia pon nas librarías un novo inédito de Neira Vilas". Editorial Galaxia. Consultado o 25/6/2019.
- ↑ "Espantallo amigo". Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "Quique na aldea · Bolanda · Ediciones y Marketing". www.bolanda.es. Consultado o 2022-06-05.
- ↑ "Gallegos en el golfo de México". Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Reeitado en 2011 polo CIRP: A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. 2011. ISBN 978-84-453-5020-1.
- ↑ Discurso pronunciado por Xosé Neira Vilas na inauguración do instituto de BUP que leva o seu nome (en Perillo - Oleiros, o 2 de maio do 1989)
- ↑ 40,0 40,1 40,2 40,3 Neira Vilas, X. (2013). Galicia en Cuba. Lingua. Rosalía. Loitas. CCG. ISBN 978-84-92923-55-7.
- ↑ "A memoria da emigración". La Voz de Galicia. 2015-11-28. Consultado o 2022-06-06.
- ↑ Acto de investidura como "doutor honoris causa" do Excmo. Sr. D. Xosé Neira Vilas celebrado o día 16 de xaneiro de 1998 BNE.
- ↑ Índice de Crónicas galegas de América. Rolda primeira
- ↑ Índice de Crónicas galegas de América. Rolda segunda
- ↑ Índice de Crónicas galegas de América. Rolda terceira
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 5/6/2022.
- ↑ Xolda.com. "Edicións Embora - Título 100 anos do Himno Galego". www.edicionsembora.es. Consultado o 2022-06-06.
- ↑ Xolda.com. "Edicións Embora - Título Con Anisia Miranda na Costa da Morte". www.edicionsembora.es. Consultado o 2022-06-06.
- ↑ Días de Cuba ficha na páxina web da editorial.
- ↑ "Isacc Díaz Pardo. Crónica dunha fecunda amizade · Bolanda · Ediciones y Marketing". bolanda.es. Consultado o 2022-06-06.
- ↑ De Gres a Cádiz ficha na páxina web da editorial.
- ↑ "«Caderno de Gres» saca á luz parte do derradeiro dietario de Neira Vilas". La Voz de Galicia. 2021-06-18. Consultado o 2022-06-06.
- ↑ "Editorial Galaxia Cartas e lembranzas. Epistolario con Francisco Fernández del Riego 1959-2007". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-06-05.
- ↑ Xolda.com. "Edicións Embora - Título Epistolario diverso". www.edicionsembora.es. Consultado o 2022-06-06.
- ↑ Ares Espiño, Javier; Lorenzo Vizcaíno, María del Carmen (xaneiro, febreiro, marzo 2022). "Correspondencia entre Xosé Neira Vilas e Carlos García-Picco". Grial LX (233): 69–78. ISSN 0017-4181.
- ↑ Correspondencia de Xosé Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro
- ↑ Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas
- ↑ Investido o 16 de xaneiro de 1998, sendo o seu padriño o catedrático de Lingua e Literatura Galega Xosé María Dobarro.[1]
- ↑ Socio de honra da AELG. Letra E 1999
- ↑ Baujín, José Antonio (2003). "Discurso de elogio a José Neira Vilas en el Acto académico de investidura como Doctor Honoris Causa en Letras por la Universidad de La Habana". Memoria II. La Habana: Arte y literatura / Cátedra de Cultura Gallega de la Universidad de La Habana.
- ↑ "O Concello de Cruces nomea a Neira Vilas «Fillo predilecto» e a Anisia Miranda, «Filla adoptiva»". La Voz de Galicia. 24/2/2005.
- ↑ Premio Laxeiro 2010: Xosé Neira Vilas Fundación Laxeiro.
- ↑ "Decreto 100/2015, do 15 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro" DOG.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Neira Vilas, Xosé". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 393-394. ISBN 84-8064-113-4.
- Blanco, Concha (coord.) (2011). Cartas a Balbino: homenaxe a Xosé Neira Vilas. Xunta de Galicia/Gálix.
- Blanco Rosas, X. (setembro de 2015). Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1984) (PDF) (Tese). USC.
- Canosa, María (2010). Do A ao Z con Neira Vilas. Ler é vivir. Everest Galicia. ISBN 978-84-403-1142-9.
- García Gómez, Valentín (coord.) (2010). Homenaxe a Anisia Miranda (PDF). Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-4868-0.
- Garrido, X. C.; Val, M. do (2010-2011). "Entrevista. No 50 aniversario de “Memorias dun Neno Labrego”" (PDF). Terra e Tempo (155-158): 5–17. ISSN 1575-5509.
- Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. pp. 298–303. ISBN 84-95350-79-3.
- Longhini Moreira, Nora (2003). Buenos Aires na obra de Neira Vilas. Ediciós do Castro. ISBN 978-84-8485-097-7.
- ———— (2008). Neira Vilas. Os anos da Arxentina, 1949-1961. Galaxia. ISBN 978-84-9865-060-0. Con limiar de Freixanes.
- Lorenzo Rivas, Pilar (1981). Contribución ao estudo da novela de protagonista infantil e xuvenil na literatura galega contemporánea. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-085-X.
- Martul Tobío, Luis (1993). Germán Bleiberg; Maureen Ihrie; Janet Pérez, eds. Dictionary of the Literature of the Iberian Peninsula (en inglés). 2. L-Z. Greenwood Press. pp. 1162–1163.
- Lucas, María (1977). La visión de Galicia en Xosé Neira Vilas. Investigación Universitaria. Ediciós do Castro. ISBN 84-85134-24-9.
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 248–250. ISBN 84-7507-139-2.
- Muleiro García, Avelino (coord.); VVAA (103)[2] (2015) [2009]. González, Ismael, ed. Homenaxe a Neira Vilas e Balbino. Ir Indo. ISBN 9788476807088.
- Oliveira Aragão, Cleudene de (2000). Xosé Neira Vilas e Rachel de Queiroz, fabuladores artífices. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-994-6.
- Rábade Paredes, Xesús (1992). Xosé Neira Vilas e Xente no rodicio. Ágora. Galaxia. ISBN 84-7154-836-4.
- Regueira, Ramón (2002). Xosé Neira Vilas: narrador, poeta, xornalista, historiador da nosa emigración. Ir Indo.
- Rei Núñez, Luís (1990). Oficio de escribir. Ensaio. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-464-2.
- Son, Corinne (2001). Xosé Neira Vilas y Memorias dun neno labrego: acercamiento a la novela gallega más popular de la segunda mitad del siglo XX (en castelán). Do Castro. ISBN 84-8485-026-9.
- Varela Jácome, Benito (1973). Singraduras da narrativa galega. De Castelao a Neira Vilas. Colección Ronsel. A Coruña: Librigal.
- Vilavedra, D. (1990). A recepción inmanente na obra de Neira Vilas. Ensaio. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-497-9.
- ———, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. I. Autores. Galaxia. pp. 403–405. ISBN 84-8288-019-5.
- ———, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. II. Publicacións Periódicas. Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
- VVAA (1999-2002). "Neira Vilas, Xosé". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. ISBN 84-7680-288-9.
- VVAA (2005). "Neira Vilas, Xosé". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- VVAA (2006). "Neira Vilas, Xosé". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. p. 1452. ISBN 978-84-8288-942-9.
- VVAA (2010-2011). "Neira Vilas, Xosé". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. p. 18-19.
- VVAA (novembro de 2011). "Varios artigos". Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares (35). ISSN 1136-3207. Inclúe os seguintes:
- "Carta a Balbino" de Xosé Neira Vilas.
- "Entrevista con Xosé Neira Vilas".
- "Carta de Otero Pedrayo a Neira Vilas". 1961.
- "As catro vidas de Neira Vilas" de A. Vázquez-Monxardín.
- "O noso catecismo" de X. L. Axeitos.
- "A humildade dun clásico" de Pilar Sampedro.
- "Neira Vilas, sociológo e antropólogo…" de A. Muleiro.
- "Catro ilustradores…" de Xabier Limia de Gardón.
- "Trangalladas" de Cándido Pazó.
- "Pepe Velo e Anisia Miranda…" de A. Piñeiro.
- "Homenaxe Neira Vilas" de Rosa Aneiros.
- "Neira Vilas, escenarios…" de Felipe Senén López.
- "O cura e o xudío, dous persoeiros…" de V. Pérez.
- "Balbino" de Xosé Luís Rivas Cruz. Mini.
- "Pepe Neira amigo" de B. Iglesias Dobarrio. Mero.
- "As memorias para un neno de cidade" de X.M. Dobarro
- "Memorias con R de rebeldía" de Marilar Aleixandre.
- "Alén do mar e de Balbino" de Belén Regueira.
- "Palabras dende Gres…" de Marga do Val.
- "Datos para a historia".
- VVAA (novembro de 2016). "Varios artigos". Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares (39). ISSN 1136-3207. Inclúe, entre outros, os seguintes: Facsímile do n.º 35.
Outros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Neira Vilas |
A Galicitas posúe citas sobre: Xosé Neira Vilas |
Ligazóns externas
editar- Fundación Neira Vilas
- Xosé Neira Vilas na Biblioteca Virtual Galega.
- Neira Vilas na páxina da Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
- Roteiro cultural e literario 2017
- Neira Vilas no Proxecto Epístola Consello da Cultura Galega.
- Marcos S. Pérez (4/12/2007). "En Bos Aires acabamos na comisaría por cantar en galego nun bus" ( ). Vieiros.