Matthew McGrory
Matthew McGrory, nado en West Chester (Pensilvania) o 17 de maio de 1973 e finado nos Ánxeles (California) o 9 de agosto de 2005, foi un actor estadounidense coñecido pola súa grande altura.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1973 West Chester (Estados Unidos de América) |
Morte | 9 de agosto de 2005 (32 anos) Os Ánxeles (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Lugar de sepultura | SS. Peter and Paul Cemetery (en) |
Educación | Widener University (en) West Chester University of Pennsylvania (pt) Widener University School of Law (en) |
Altura | 229 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor de televisión, actor de cinema, actor |
Período de actividade | 1999 - 2005 |
Páxina web | matthewmcgrory.com |
|
Traxectoria
editarEstudou dereito na Universidade de Widener, onde vivía nun aloxamento universitario no primeiro piso de Howell Hall. Medrou ata os 2,29 metros.[1] As anomalías que provocaban o seu gran talle nunca foron estudadas.
Traxectoria
editarDebido á súa grande altura, recibiu ofertas para facer de xigante no cine, en filme como Bubble Boy, Big Fish, House of 1000 Corpses e The Devil's Rejects, e en series de televisión como Malcolm in the Middle, Charmed e Carnivàle. O Libro Guinness dos Récords deulle os títulos de actor máis alto, o dedo do pé máis longo e os pés máis grandes non causados por elefantiase.
Apareceu no videoclip "Coma White" de Marilyn Manson, e en God Is In the T.V. Tamén participou nun vídeo musical de Blondie, o hit de 2003 "Good Boys". Ó momento da súa morte estaba interpretando a André Roussimoff no filme sobre a loita libre titulado Andre: Heart of the Giant.[1]
Viviu en Sherman Oaks, California, xunto coa súa moza, Melissa. O 9 de agosto de 2005, Matthew McGrory faleceu por causas naturais, tiña 32 anos.[1]
Filmografía
editarAno | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2000 | The Dead Hate the Living! | Gaunt | |
2001 | Bubble Boy | Human Sasquatch | |
2002 | Homes de negro II | Alien alto | |
2003 | House of 1000 Corpses | Tiny | |
Big Fish | Karl o xigante | ||
2004 | Big Time | Richard Blunderbore | |
Planet of the Pitts | Toto | ||
Carnivàle | |||
2005 | Constantine | Demon | |
ShadowBox | Hort Willows | ||
The Devil's Rejects | Tiny | ||
2007 | André: Heart of the Giant | André "The Giant" Roussimoff | Papel incompleto; as súas escenas foron engadidas nos créditos como tributo |
DarkPlace | Hort Willows |
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Web Oficial Arquivado 07 de abril de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- TheTallestman (en inglés)