Manuel Insua Santos
Manuel Insua Santos nado en Viveiro o 10 de marzo de 1850 e finado na Coruña o 27 de novembro de 1939, foi militar en Cuba, regresando da illa en 1892 como tenente de infantaría[1] dous anos despois de rematar a Guerra Chiquita [2].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de marzo de 1850 Viveiro, España |
Morte | 27 de novembro de 1939 (89 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Traxectoria
editarFixo o servizo militar en Cuba, e á volta residiu na Coruña, Lugo e Ferrol, para retirarse na Coruña. En 1913 fundou Los Amantes del Campo, unha asociación sen estatutos nin regulamentos formada por xentes unidas baixo o lema: saúde, forza e fraternidade. A única consigna que se lle daba aos que se achegaban a eles era: a boa educación. Todas as fins de semana e días festivos organizaban viaxes por tren ou autobús para visitar distintos lugares de Galiza. A asociación xurdiu nun momento en que había un crecente interese polo agro galego, a arquitectura popular e a arqueoloxía. Culminaría en 1923 coa creación do Seminario de Estudos Galegos.
Manuel Insua Santos foi nomeado fillo adoptivo da cidade da Coruña dándolle a Deputación da Coruña unha folla de carballo en prata. Promoveu e promocionou o ferrocarril sendo un dos impulsores do tren da costa, a liña de FEVE que dende Asturias chega a Ferrol.
Manuel Insua organizou unha auténtica rede en toda a comunidade de comisións locais. As súas accións duraron 15 anos nos que percorreron Galiza. En Barallobre levantaron o monumento ao camiñante descoñecido. En 1962 no parque de Santa Margarida da Coruña o concello adicoulle un monumento[3].
Honras
editar- Fillo adoptivo da Coruña
Galería de imaxes
editar-
Monumento ao Camiñante Descoñecido en Barallobre.
-
Placa homenaxe no parque de Santa Margarida, A Coruña.
-
Homenaxe a Manuel Insua Santos no parque de Santa Margarida, A Coruña.
Notas
editar- ↑ "Noticias Militares". El telegrama : diario de la tarde, imparcial de noticias. 26/07/1892. p. 2-3 de 4. Consultado o 11/06/2023.
- ↑ O coronel Insua, un precursor ecoloxista. El Progreso[Ligazón morta]
- ↑ "Manuel Insúa Santos, precursor do ecoloxismo". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de maio de 2013.