Máximo Ramos
Máximo Ramos López, nado na Graña (daquela pertencente ao Concello de Serantes, hoxe ao de Ferrol) o 4 de setembro de 1880 e finado en Madrid o 25 de febreiro de 1944,[1][2][3][a] foi un debuxante, escenógrafo, muralista, publicista, ilustrador, gravador e pintor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1880 A Graña, España |
Morte | 25 de febreiro de 1944 (63 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | debuxante, escenógrafo, muralista, pintor, ilustrador, gravador, publicitario |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia Diccionario bio-bibliográfico de escritores |
Traxectoria
editarFillo de mariño, Máximo, orfo xa de mozo, non quixo seguir a profesión do pai. Colaborou en El Correo Gallego daquela inda en Ferrol. En 1907 trasladouse á Coruña. En 1910 emigrou a América, traballando de cartelista e escenógrafo, percorrendo México, Cuba (colaborando con Galicia Gráfica e Labor Gallega), os Estados Unidos, Guatemala e a Arxentina.[4]
De volta en España traballou para La Ilustración Española y Americana (da que foi director artístico en 1913), Diario Ferrolano, Prensa Española (Blanco y Negro e ABC), La Esfera, Nuevo Mundo, Flechas y Pelayos e Fotos. Publicou a novela Mientras llega la hora (Talleres Jesús López, Madrid, 1916), onde amosou a súas convicións ideolóxicas e aspiracións políticas revolucionarias con debuxos intensos e escritos breves que fixeron medrar a súa fama de anarquista.[5]
A súa obra está presente nas coleccións de institucións como, entre outras, a Deputación da Coruña,[6] o Museo de Pontevedra,[7] a Colección Afundación, o Museo Municipal Quiñones de León,[8] o Museo de Belas Artes da Coruña,[9] a Real Academia Galega[10] ou o Museo ABC.[11]
Recoñecementos
editarO Premio de Gravado Máximo Ramos, celebrado desde 1984,[12] así como unha rúa do Concello de Ferrol, levan o seu nome.[13]
Galería de imaxes
editar-
Escena modernista, acuarela.
-
Rosalía de Castro, 1914, Real Academia Galega.[10]
-
Tipos populares, Edificio Castelao, Museo de Pontevedra.
-
Cuberta de
Del océano a Venus, 1921. -
Cuberta de
Las alas del cisne,
1922.
Notas
editar- Referencias
- ↑ El Correo gallego: Ano LXVI Número 22459 - 1944 febreiro 26
- ↑ El Progreso: Ano XXXVII Número 11272 - 1944 febreiro 26
- ↑ El Pueblo gallego: Ano XX Número 6399 - 1944 febreiro 27
- ↑ Bangueses Vázquez 2010, p. 301.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal.
- ↑ López 2011.
- ↑ "O ferrolán Máximo Ramos López (1880-1949) naceu tal día coma hoxe de hai 136 anos" (4/9/2016) Museo de Pontevedra.
- ↑ Catálogo. Pazo-Museo Municipal «Quiñones de León» (en castelán). Ayuntamiento de Vigo. 1978. p. 110. ISBN 84-500-2564-8.
- ↑ Museo de Belas Artes da Coruña
- ↑ 10,0 10,1 "Retrato de Rosalía de Castro, por Máximo Ramos" (14/5/2013) RAG.
- ↑ Máximo Ramos no Museo ABC
- ↑ Premio Máximo Ramos en pintoresgallegos.com (en castelán).
- ↑ "Máximo Ramos, pintor, excelente dibujante y consumado grabador". Galicia Ártabra (en castelán). 4/9/14.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Máximo Ramos |
Bibliografía
editar- "Ramos López, Máximo". Diccionario enciclopédico galego universal 51. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 117. ISBN 84-7680-429-6.
- "Ramos López, Máximo". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 155–156.
- "Ramos López, Máximo". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 294. ISBN 84-7680-288-9.
- Bangueses Vázquez, Mercedes (2010). Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936). IEV. pp. 301–308. ISBN 978-84-89599-44-4.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 159.
- Francés, José (26/1/1924). "Los dibujantes. Máximo Ramos". La Esfera (en castelán) (Madrid) (525). ISSN 1577-0389.
- Frayán, Payo (1913). "Sobre pintura gallega". Almanaque Gallego para 1914 (en castelán) (Buenos Aires [Madrid]): 111 (110–115).
- Hidalgo, J. M.; et al. (1997). Artistas galegos nas coleccións de Prensa Española 1893-1936 (en bilingüe). Museo Quiñones de León. pp. 38–39; 81–114. VG 930-97.
- López, J. M. B.; et al. (2011). Catálogo del patrimonio artístico de la Diputación de A Coruña II (PDF) (en castelán) 2. pp. 574–576, 745. ISBN 978-84-9812-150-6.
- Mosquera Rodríguez, Andrés (1999). Artistas galegos: pintores. 4 Rexionalismo II. Nova Galicia Edicións. pp. 123–165. ISBN 8487755291.
- —————— (2002). A nosa pintura. Nova Galicia Edicións. ISBN 84-96070-24-7.
- Pablos, Francisco (1981). Pintores gallegos del novecientos (en castelán). Fundación Barrié. pp. 96–103. ISBN 84-85858-06-9.
- —————— (1981). Plástica gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 282–283. ISBN 84-7231-603-3.
- —————— (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. pp. 62 e 63. ISBN 84-95364-15-8.
- Travieso Mougán, Javier (2005). "Ramos, Máximo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Máximo Ramos na Colección Afundación.
- Listaxe de bibliografía sobre Máximo Ramos pintoresgallegos.com.
- Burgoa, Juan José (27/5/2010). "Máximo Ramos López". Diario de Ferrol (en castelán).
- Loureiro, R (27/5/2006). "Ferrol recupera al fin a Máximo Ramos tras medio siglo de olvidos". La Voz de Galicia (en castelán).