José Garabal Louzao

pintor galego

José María Garabal Louzao, nado en Santiago de Compostela en 1835 e finado ibídem o 18 de xuño de 1907, foi un pintor, decorador, copista e restaurador galego.

Modelo:BiografíaJosé Garabal Louzao
Biografía
Nacemento1835 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xuño de 1907 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, decorador, restaurador Editar o valor en Wikidata
Influencias
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia
Diccionario enciclopédico galego universal Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formouse con Juan José Cancela del Río. Os pais enviárono a Madrid, onde tivo por mestre a Federico Madrazo na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. De volta a Santiago opositou á praza de Debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos do País, sen éxito, pois gañoulla Modesto Brocos. Practicou unha pintura romántica e costumista en retratos, paisaxes e pintura relixiosa. Con motivo de senllas visitas reais a Compostela, en 1859 regaloulle unha acuarela do Pórtico da Gloria a Isabel II e en 1887 dúas obras de tipos galegos a Afonso XII. Foi nomeado pintor e decorador da Casa Real.

Destaca o seu traballo na decoración do patio do arcebispo Malvar en San Martiño de Salcedo, a restauración do altar maior da Catedral de Santiago de Compostela e a restauración e decoración do Recreo Artístico e dos cafés "Suízo" e "España" de Santiago de Compostela. Restaurou parte dos cadros do palacio arcebispal a petición do cardeal Herrera.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar