29ª edición dos Óscar
A 29.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 27 de marzo de 1957 no RKO Pantages Theatre dos Ánxeles (Estados Unidos). Os mestres de cerimonias foron Jerry Lewis e Celeste Holm.
Nesta edición incluíuse por primeira vez o Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa de xeito competitivo. Ademais foi a primeira en que os cinco filmes candidatos ao mellor filme (todos épicos de grande escala) eran en cor.
Na categoría de mellor argumento orixinal houbo dúas peculiaridades. O Óscar a The Brave One foi outorgado a Robert Rich, pseudónimo de Dalton Trumbo, que nesa época estaba na lista negra e non podía ser acreditado co seu nome real. Ademais, Edward Bernds e Elwood Ullman retiraron os seus nomes para ser considerados para o premio polo seu traballo en High Society, xa que a candidatura era para o musical protagonizado por Grace Kelly, mentres que Bernds e Ullman escribiran o filme homónimo dos Bowery Boys.
James Dean converteuse no primeiro actor que recibiu unha segunda candidatura póstuma como intérprete.
Premios
editarOs gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.[1]
Oscar honorífico
editar- Eddie Cantor, "polos seus distinguidos servizos á industria do cinema"
Irving G. Thalberg Memorial Award
editarJean Hersholt Humanitarian Award
editarNotas
editar- ↑ "The 29th Academy Awards (1957) Nominees and Winners". Oscars.org (Academy of Motion Picture Arts and Sciences). Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2011. Consultado o 2011-08-21.
Predecesor: 28ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 29ª edición dos Óscar |
Sucesor: 30ª edición dos Óscar |